6.6.18

CLUBE DE LECTURA 14 MAIO 2018

O libro elixido nesta ocasión foi O gardían entre o centeo do escritor norteamericano Jerome David Salinger. Os alumnos  que participaron cursan segundo ,terceiro e cuarto de ESO e tamén primeiro de bacharelato.
Expuxéronse varios puntos de vista sobre o personaxe principal: un quinceañeiro chamado Holden Caufield.Os alumnos consideraron que era demasiado infantil e non acababan de entender a súa forma de actuar ou pensar ante situacións que lle ían acontecendo.
Ademáis tamén lles costou entender o desenvolvemento da historia xa que consideraban que  non tiña nin principio nin fin, é dicir que era simplemente a historia de alguén durante uns días sen ningún obxectivo final.


Todos os alumnos consideraron que é unha lectura difícil , pola súa abstracción. Segundo eles é como ler os pensamentos de alguén que choca ca forma de ser do lector.
A experiencia foi positiva e chocante á vez  Positiva por ver a forma moi correcta ca que se expresan  e por ver como sacaban as súas propias conclusións sobre a forma de pensar de Holden Caufield. Débese dicir que nalgúns casos as conclusións con respecto ao personaxe eran moi críticas.
 Os alumnos non entenderon ben o libro,  estes adolescentes non entenderon a forma de actuar da personaxe sendo da mesma idade. En definitiva non se vían reflectidos nel. Parece que o libro non é moi acaído para estas idades e que as peripecias de Holden Caufield lles quedan moi lonxe.

18.5.18

 VISITA DE ALICIA BORRÁS SANJURJO

O xoves 3 de maio, recibimos a visita na nosa biblioteca de Alicia Borrás Sanjurjo, a autora de Nata y Chocolate, un libro que lemos os alumnos do clube de lectura.
Foi una visita incrible!!!Respondeunos a todas as nosas preguntas e adicounos os libros. Animounos a escribir relatos e botar a voar a nosa imaxinación. Falounos con moito agarimo, e dunha forma que fixo que nos sentísemos xenial con ela. Díxonos que acababa de rematar un libro pero máis para adultos :unha novela negra, e afirmou que era moi entretida. O que máis me gustou da súa visita, foi que me fixo pensar doutro xeito, fíxome ver que os escritores non son só persoas que escriben contos;  senón que o seu traballo tamén consiste en facer  rir, chorar, tremer....Pero sobre todo, soñar e imaxinar cousas fantásticas.

Nerea Pallarés 1ºESO C



9.5.18










COMICON MOAÑA 2018


O venres 4 de maio o clube de manga do instituto colleo o barco a Moaña para disfrutar do primeiro día da COMICON que se celebra na vila durante o venres e sábado.






 
Organizado polos institutos de Moaña, IES A Paralaia e IES As Barxas, con Curro e Eugenia ao frente, un ano máis demostraron o bó traballo e a capacidade de organización do alumnado dos clubs de manga destes centros. Stands de todo tipo relacionados co mundo manga, dende libros a xogos de mesa e concursos de talentos, charlas e multitude de actividades, animaron á participación dos  aficionados e de curiosos que ata alí se acercaron.


No Alexandre Bóveda tamén participamos con charlas de Monster  Hunter impartida por Uxía Carrete e Pablo Cameselle, e organizando o torneo  de Pokemon tamén  Uxía e Víctor Cameselle.
 Pero o millor estaba por chegar á tarde co 1º Premio no concurso de talentos co baile das magníficas rapazas que dirixen o club: Noelia López, Lucía García, Saray González, Sabela Rebollo, Beatriz García e Uxía Carrete. Un merecidísimo premio para os nosas bailarinas!!!!.










XORNADAS DE BIBLIOTECA, SANTIAGO 12-13 DE ABRIL 2018

XORNADAS DE BIBLIOTECA
O pasado venres 13 de abril a responsábel da biblioteca do centro, Ana López Álvarez , asistiu ás Xornadas de Biblioteca.

Este ano o tema era como repensar as nosas bibliotecas. Levamos máis dunha década de moi bo funcionamento e, nesas xornadas, falamos de como adaptar a nosa biblioteca aos novos tempos educativos e tecnolóxicos.
Nas sesións que houbo na quenda da mañá, tivemos o privilexio de escoitar á bibliotecaria catalá C. Fenoll que, seguindo as letras do abecedario, deu até vinte e sete ideas suxerentes para mellorar o noso traballo. Tamén falou de como a biblioteca dá acceso e oportunidades para todos, pois é inclusiva, especialmente para o alumnado que non ten acceso a internet na casa.
G. Jover, dende unha mirada crítica a través da lectura, e como ésta axuda a comprender o mundo, fíxome reflexionar en como, ás veces, a rapazada se perde cos textos que estamos a ler ou non entende que deben facer con eles.
Despois de xantar vimos diferentes experiencias de centros que comezaban no Plambe ou outros que xa estaban a repensar os espazos nas súas bibliotecas. Tamén falamos do traballo do voluntariado, como formalo ou abrir a biblioteca durante toda a xornada escolar -só posíbel con alumnado maior.
Finalmente, A. Reigosa fixo un eloxio da memoria e da imaxinación como acervo cultural e literario colectivo.

6.5.18

Concurso de fotografía: ROTEIRO POR COIA

A biblioteca, en colaboración cos departamentos de Ciencias Sociais, Tecnoloxía, Normalización lingüística e a ANPA do IES, organiza o 1º Concurso de fotografía ROTEIRO POR COIA.
Pode participar calquera alumno/a do IES.
Prazo de presentación: 7 Maio - 4 Xuño
Modo de participar:
  • entregando a(s) foto(s) nun sobre nos departamentos indicados
  •  vía mail escribindo a: bibliobovedados@gmail.com
Temáticas e premios:
  • Retrato: 25 €
  • O meu barrio (unha paisaxe do barrio de Coia): 25 €
  • A túa historia (3 fotos que conten unha historia do barrio de Coia): 40 € 

A continuación están as bases do concurso, que deben ser lidas para participar nel.
Agardamos a vosa participación!