16.5.19




COMICÓN MOAÑA 2019


Este venres 3 de maio celebramos a COMICÓN de Moaña que organizan os institutos de Moaña coordinados por Curro en colaboración co Concello.
 O noso club de Manga participou Na xuntanza e organizou varias actividades como un Dictionary e o torneo de Pokemon.
Como en cursos pasados collimos o barco cedo para achegarnos a Moaña en unha fermosa e soleada mañá. No pabellón ao pe da praia disfrutamos de actividades, xogos, concursos, tendas e dos amigos e amigas dos distintos clubes que hai na contorna. Cada vez somos máis!!!!

Parabéns para o alumnado e o profesorado de Moaña que fixeron un gran esforzo para que todo saíra, como sempre, xenial.

















9.5.19


 KATHERINE JOHNSON : MATEMÁTICA

Como ven sendo habitual nos últimos anos, dentro do plan lector do departamento e formando parte do proxecto lector do centro, cada curso facemos un traballo sobre unha muller matemática. Este curso adicámoslle o mesmo a Katherine Johnson.




Por unha banda, o alumnado de 1º e 2º de ESO tivo que realizar, en grupos de catro ou cinco alumnos/as, un traballo de investigación , e logo plasmalo do xeito que consideraran  oportuno (cartaz, libro, xogo...) para, cos mellores, facer unha exposición . 


Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º de ESO dedicou un día a ler un texto relacionado coa carreira espacial , na que participou activamente a nosa matemática, e no que se inclúen varios problemas matemáticos. Outro día tiveron que resolver os problemas, pero non de xeito individual , senón por grupos de clase.

Para rematar vimos a película "Figuras ocultas", na que aparece a nosa matemática. Podemos ver nela as dificultades que tivo que pasar para ser recoñecida e valorada como merecía (muller, negra, EEUU, anos 60 do século XX...)




















CONTACONTOS  GALEGO-INGLÉS NA BIBLIOTECA

O pasado 21 de xaneiro os alumnos de 1º de Bacharelato asistiron a unha sesión de contacontos en
galego e inglés . Foi unha experiencia de tradución simultánea moi reveladora, xa que se
decataron dos matices tan paralelos que existen en moitas palabras nas dúas linguas e que non son
tan fáciles de atopar no castelán.
O acto tivo lugar na biblioteca, onde ao sermos tantos asistentes, fixemos un espazo de silencio
sentados moi xuntos e atentos ao bo facer das contacontos, que conseguiron captar a nosa atención
dende o minuto un. O seu ben facer e o ritmo natural co que fluían os contos nas dúas linguas á
vez, atraparon a un público entregado: escoitamos sen perder fío aventuras de Oriente, relatos de
humor e finais insospeitados que nos fixeron desfrutar coma nenos.
Sen dúbida unha experiencia tremendamente enriquecedora, que involucrou aos departamentos de
Inglés e Galego nun proxecto común de motivación ao alumnado de Bacharelato ao gozar da
tradición oral dos contacontos.