O Equipo da Biblioteca participou na coordinación e desenvolvemento da actividade na que se involucraron activamente Ed. Plástica e Música; así como Ciencias Sociais , Lingua Española, Inglés e Ética.
No mes de xaneiro, co gallo do día da Paz, construíuse o muro. O
alumnado de 4º ESO de Plástica fixeron os ladrillos e o departamento de Música
traballou O Muro de Pink Floyd. Con todo isto fixemos unha performance o día da
Paz a modo de inauguración do Muro á que asistiron o alumnado de 1º de ESO.
Nesta inauguración leuse un manifesto e agasallouse a persoa escollida polo
Seminario Galego para a Paz como exemplo neste ano académico 2014-15.
A partires deste momento o traballo
continuou ao longo do curso: distintos departamentos reflexionaron sobre o tema dos
muros e foron engadindo os traballos resultantes arredor do muro. Dentro destes
traballo hai que destacar de novo ao departamento de Plástica que seguiu
intervindo no muro con graffitis e poemas que ían colocando entre os ladrillos.
A última fase do proxecto consistiu nun acto simbólico, de novo convocamos ao alumnado de 1º de ESO para asistir ao derrubamento deste muro, lectura de textos e interpretación de temas musicais por parte do alumnado de 4º ESO.