12.7.21

     


 MEMORIA CLUB MANGA CURSO 20/21


Este curso foi para o Club de Manga do ÍES Alexandre Boveda moi especial, non só polas circunstancias que a pandemia nos impuxo, senón porque se marchou do instituto unha primeira xeración de estudantes fundadores do club. E deixaron o listón moi alto. Elas e eles traballaron con moito esforzo organizando as distintas actividades que enriquecen o noso club sempre co principio de participación. Tamén foron os que puxeron todo o seu empeño para celebrar curso tras curso as xuntanzas con outros clubs da zona de Vigo, co traballo e esforzo de coordinación que supón. Por iso o Alexandre Boveda é coñecido por todos @s mangas. Este ano o noso club tivo que empezar desde abaixo: menos persoas, moitos recentemente chegados ao centro, e coas restricións da pandemia que non nos permitían reunirnos. Aínda así fixemos moitas cousas, compartimos actividades e estamos a desexar seguir cos proxectos iniciados.


O comezo de curso iniciámolo cunha campaña para publicitar o noso club, sobre todo en 1ºESO. Deseñamos carteis que colocamos nos corredores do centro convocando unha primeira reunión. Outros compañeiros e compañeiras uníronse ao club ao longo do curso, sobre todo cando as responsables da biblioteca informaban ao alumnado que se interasaba polos mangas da biblio.


Era o momento de definir as actividades que nos gustaría facer ao longo do curso, unhas actividades que ían estar moi limitadas polas restricións da pandemia. De feito tardamos moito en arrincar, non nos podiamos reunir en distintos niveis polo que até o mes de xaneiro limitámonos a ler mangas, recomendar animes e interactuar a través das redes.


No segundo trimestre as cousas melloraron e empezamos a facer cousas xuntos en rede. Asistimos a dúas conferencias online organizadas polo profesorado que integran a rede de clubs de Manga da área de Vigo, a primeira con Oriol Estrada, coordinador da Manga Barcelona, o maior evento relacionado con el manga e o anime do Estado Español. Compramos os seus libros de divulgación para preparar as preguntas e a tarde sinalada reunímonos tod@s nunha aula do ÍES para gozar da súa charla moi xenerosa.


En abril de novo reunímonos para a segunda charla online esta vez con Jorge Rubí, un debuxante ourensán que traballa no mercado americano con moito éxito. Como con Oriol, preparamos a sesión comprando as súas mangas para coñecer o seu traballo co que podiamos preguntar polas súas obras. Todo un luxo estas dúas conferencias dun altísimo nivel.


Pero quizá o que máis ilusión nos fixo foi a proposta xenerosa do club de Manga do instituto As Barxas que se animou a organizar a súa tradicional COMICON, o evento que tod@s estamos a esperar todos os anos, pero esta vez online. Era todo un reto pero moita a ilusión. O noso club, como todos os cursos, quixo participar e decidimos facer un obradoiro de cociña xaponesa. Foi todo un éxito, Zoe e Aisha, nosas compañeiras, convocaron a unha chea de persoas que tomaron nota das cousas tan ricas que cociñaron. Felicitacións tamén para o alumnado e o profesorado das Barxas polo magnífico traballo e o esforzo.


Para seguir formándonos organizamos dúas sesións de debuxo Manga con Norberto Fernández que xa colaborou con nosotr@s noutros cursos e co que queremos iniciar un proxecto para o próximo. 


Para despedir un curso tan especial visitamos un estudo de dobraxe en Vigo, Iberolusa. A visita estivo xenial porque foi participativa co que nos divertimos moito practicando esta técnica tan atractiva. Terminamos comendo na praia e dándonos noso primeiro baño do verán, coa nosa familia manga.

Feliz verán


Mac OS:Users:ana:Downloads:IMG_20210427_185002.jpg

DESPEDIDA DE FIN DE CURSO NA PRAIA DE ALCABRE




Mac OS:Users:ana:Downloads:IMG_20210614_135458.jpg

NO ESTUDO DE DOBRAXE

Mac OS:Users:ana:Downloads:IMG_20210427_185002.jpg

ENCONTRO CON JORGE RUBÍ


Mac OS:Users:ana:Downloads:IMG_20210510_162646.jpg

CON NORBERTO FERNÁNDEZ


 

 

ROTEIRO DOS COIDADOS. EXPOSICIÓN


Durante este curso no noso instituto un equipo de profesor@s desenvolveron un proxecto de Igualdade que titulamos “Roteiro dos Coidados” que tiña como obxectivo reflexionar sobre o coidado na contorna da escola e do barrio onde está o noso colexio, Coia.


Cada profes@r implicado no proxecto, e co seu grupo de aula, desenvolveron traballos de investigación sobre os aspectos “coidadores” do barrio e do centro escolar: escolas do barrio, centros de saúde, centros de día, supermercados, asociacións deportivas e musicais, personaxes loitadores, movementos asociativos, o Comando Igualdade a súa historia e a súa traxectoria, persoal de limpeza do noso centro, conserxes...


Todos estes traballos móstranse nunha exposición na entrada do instituto e na web do Roteiro por Coia. Estes materiais e os carteis finais foron elaborados polo alumnado de 1º Bac., 4º ESO. Esta exposición se completa cunha serie de podcast elaborados polo alumnado de 2ºESO  e 3ºESO e que podemos atopar na web do Roteiro por Coia: https://sites.google.com/site/roteiroporcoia/


Para rematar este proxecto e lembrar este curso tan especial, o alumnado de plástica, dirixido pola súa profesora Almudena, fixeron un MURAL DE AZULEXO, homenaxe ao persoal coidador do instituto: conserxes, coidadora, limpiadores, secretaría.













Foi un curso complicado pola situación pandémica, pero tamén esta mesma situación facilitou a comprensión dos obxectivos dos traballos de investigación: necesitámonos como sociedade e tod@s somos responsables do coidado. Como di o mural conmemorativo:

DEIXEMOS PEGADAS DE ACHEGA E AGARIMO”