12.7.21

 

 

ROTEIRO DOS COIDADOS. EXPOSICIÓN


Durante este curso no noso instituto un equipo de profesor@s desenvolveron un proxecto de Igualdade que titulamos “Roteiro dos Coidados” que tiña como obxectivo reflexionar sobre o coidado na contorna da escola e do barrio onde está o noso colexio, Coia.


Cada profes@r implicado no proxecto, e co seu grupo de aula, desenvolveron traballos de investigación sobre os aspectos “coidadores” do barrio e do centro escolar: escolas do barrio, centros de saúde, centros de día, supermercados, asociacións deportivas e musicais, personaxes loitadores, movementos asociativos, o Comando Igualdade a súa historia e a súa traxectoria, persoal de limpeza do noso centro, conserxes...


Todos estes traballos móstranse nunha exposición na entrada do instituto e na web do Roteiro por Coia. Estes materiais e os carteis finais foron elaborados polo alumnado de 1º Bac., 4º ESO. Esta exposición se completa cunha serie de podcast elaborados polo alumnado de 2ºESO  e 3ºESO e que podemos atopar na web do Roteiro por Coia: https://sites.google.com/site/roteiroporcoia/


Para rematar este proxecto e lembrar este curso tan especial, o alumnado de plástica, dirixido pola súa profesora Almudena, fixeron un MURAL DE AZULEXO, homenaxe ao persoal coidador do instituto: conserxes, coidadora, limpiadores, secretaría.













Foi un curso complicado pola situación pandémica, pero tamén esta mesma situación facilitou a comprensión dos obxectivos dos traballos de investigación: necesitámonos como sociedade e tod@s somos responsables do coidado. Como di o mural conmemorativo:

DEIXEMOS PEGADAS DE ACHEGA E AGARIMO”







Ningún comentario: