19.6.26

Deica o curso 26-27!

 

Chegou xuño...e xa cheira a verán e vacacións!! Que gusto vai ser ir á praia e relaxarnos despois deste intenso ano. 

Desde a Biblioteca queremos agradecer á toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) a boa acollida da nosa biblioteca. Foi un ano cheo de actividades e eventos. 

O noso obxectivo para o ano que vén é mellorar aqueles aspectos que nos indicastes nas enquisas e ir medrando conxuntamente. 

Grazas a todos e todas!! Deica o ano que vén!! A gozar do verán!!!


 

 

 



15.6.26

Entrega de diplomas ao voluntariado da Biblioteca

Esta última semana de clase fixemos entrega dos diplomas ao voluntariado da Biblioteca. Desexamos que o vindeiro curso se una máis alumnado e que a familia de voluntariado siga a medrar. 

Grazas pola vosa colaboración!!! Deica o curso 26-27!!!



5.6.26

Apadriñamento e amadriñamento lector


E, coma todos os anos, chegou o día do apadriñamento e amadriñamento lector: o 5 de xuño. Este ano foi o alumando de 1º ESO C o encargado de lles leren ao alumnado de infantil do CEIP Plurilingüe Seis do Nadal. O encontro foi na Bouza, no barrio de Coia, para compartirmos lecturas ao aire libre e poñermos en valor a nosa contorna natural. 

Coma sempre, foi un pracer ver como o alumnado de primeiro da ESO se implica e coida dos máis pequechos e pequechas. 

Todos gozaron deste xornada lectora!


 






 












































Que cambiou na Biblioteca?

A radio do centro O son da Noca, coordinada polo profesor Amancio Prado, leva todo o ano realizando entrevistas a profesorado, alumnado, familias e ex alumnos e alumnas, para conmemorar o 50 aniversario do IES Alexandre Bóveda. Unha delas é a que se lle fixo a Beatriz Varandas, coordinadora da Biblioteca, que podedes escoitar na seguinte ligazón: 

Que pasou, Alexandre? (Ep07): Cambios na biblioteca, coa nova coordinadora BeatrizVarandas

E aquí a ligazón a todos os podcasts:

O son da Noca

Están ben interesantes, non deixedes de os escoitar!! 



4.6.26

Voluntariado 25-26

Este curso pasamos a integrar a rede de centros educativos na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar. 

A resposta do alumnado foi moi boa ao longo deste curso e cumpriron as tarefas encomendadas: ordenar libros, pegar etiquetas da biblioteca, coidar que todo vaia ben, propoñer actividades, participar na decoración etc. 

Moitas grazas pola vosa colaboración, rapazada!

Desexamos que o vindeiro curso continuedes con nós e que a familia de voluntariado medre máis!