9.6.23

    

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME LITERARIO

DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

OS PREMIOS



                      AS PRESENTADORAS: Noa e Mafer, cos ORGANIZADORES: Bea e Fonso


 Convocamos un ano máis o certame literario do departamento de Lingua Galega e Literatura para celebrarmos o Día das Letras Galegas. .

 A entrega de premios desenvolveuse na biblioteca do centro, con moitos nervios entre os nomeados e moitas palmas para os gañadores.

 

Para rematar, dámoslles os parabéns aos cinco gañadores, que foron os seguintes:

SABOROSO SON DOS VERSOS SALGADOS (poesía)

Ginés Amoedo Alén: Poema de desamor (e un pouco de amor)

Nerea Pallarés Barca: Vivo nesta cidade pequena

Victoria Súarez Santos : Para ti, home galego

TOLOSCONTOSCURTOS (prosa) 

Jorge Silva Troncoso : Teresa

Iria Santos Romero: Primeiro amor





Jorge Silva Troncoso




Nerea Pallarés Barca

Victoria Suárez Santos





8.6.23

  

 ACOLLIDA DO ALUMNADO DE SEXTO DOS COLEXIOS ADSCRITOS

Esta semana o alumnado de Sexto de Primaria dos colexios adscritos: CEIP Illas Cies, CEIP Virxe do Rocío, Ceip Seis do Nadal e CEIP Balaídos visitaron o instituto, que será tamén o seu o vindeiro curso.

Foron recibidos polo departamento de Orientación e a Dirección. Percorreron o instituto, foron acollidos polo profesorado en distintos obradoiros e tamén pasaron pola biblioteca, onde as profesoras encargadas  informaron brevemente do  seu funcionamento.






 


CLUB CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO


O noso compañeiro Daniel Pizarro, profesor de tecnoloxía,vai poñer en marcha este club que empezará a súa andaina o próximo curso.




A biblioteca colabora expoñendo  os libros relacionados co tema,  e vanse  renovando.









  


BIBLIOTECA NA SALA DE PROFESORES





Estos días creouse na sala de profesores a biblioteca móbil, cun andel con suxerencias para animar tamén aos nosos compañeiros á lectura e a visitar a nosa biblioteca.

 A BATALLA DE RANDE

O 30 de maio recibimos no Club de Lectura o autor e debuxante do cómic A batalla de Rande, editado en galego pola editorial Galaxia. David Braña, guionista, e Pablo Pardo, debuxante, falaron do proceso de creación dun cómic: desde que xorde a idea da historia na cabeza do guionista ata que se plasma nas distintas viñetas.


A batalla de Rande desenvólvese no ano 1702, durante a guerra de Sucesión española, cando galeóns españois, acompañados por forzas aliadas francesas, arribaron á ría de Vigo co maior tesouro que xamais cruzara o Atlántico.Ata alí, seguiunos a escuadra da coalición anglo-neerlandesa, coa idea de apoderarse dese cobizoso botín. A batalla foi encarnizada e, aínda hoxe, segue a ser motivo de especulacións, investigacións e, incluso, posta en relevo polo escritor Jules Verne na súa novela 20.000 leguas baixo dos mares.

 Haberá tesouros afundidos na ría de Vigo?