24.11.20

 

ENCONTRO DAS BIBLIOTECAS NA REDE




Esta semana tivo lugar o Encontro das bibliotecas escolares de Galicia na rede, ao que asistiu parte do noso equipo.

Foron diferentes na forma pero unha oportunidade única para escoitar a algúns dos maiores expertos/as en bibliotecas, lectura, cultura e innovación.

Poidemos coñecer experiencias e relatorios en tempo de pandemia e poidemos tamén asistir a conferencias moi interesantes  como a de Inés Dussel: "A biblioteca escolar diante dos retos do 2020."








25.10.20

 BENVIDOS AO SERVIZO DE PRÉSTAMO EN LIÑA DA

           BIBLIOTECA DO IES ALEXANDRE BÓVEDA






ESTE ANO POR MOR DAS RESTRICIÓNS SANITARIAS, A SOLICITUDE DE PRÉSTAMO DE LIBROS DA BIBLIOTECA DEBERÁ FACERSE EN LIÑA.

TENDES AS INSTRUCIÓNS E O ENLACE NA PÁXINA WEB DA BIBLIOTECA E NA PÁXINA WEB DO INSTI.

A SOLICITUDE DE PRÉSTAMO, DEBE FACERSE A SEMANA  ANTERIOR Á RECOLLIDA,

TENDES O CALENDARIO A CONTINUACIÓN



                             LUNS            MARTES             MÉRCORES              XOVES                   VENRES


PRIMEIRO          4ºESO              4ºESO                  1ºESO                       4ºESO                        1ºESO

 RECREO            2ºBACH           2ºBACH               2ºESO                       2ºBACH                    2ºESO



SEGUNDO         3ºESO                1ºESO                 3ºESO                      1ºESO                        3ºESO

RECREO            1ºBACH             2ºESO                 1ºBACH                   2ºESO                      BACH


16.3.20



ANXO FARIÑA
O pasado luns 10 de febreiro contamos coa presenza do escritor e debuxante A. Fariña na nosa biblioteca. Todo o alumnado de 1ºESO participou nas dúas sesións xa que é un autor moi lido neste nivel educativo. O autor tentou darlle consellos e trucos para debuxar os trazos máis salientables de persoas e personaxes e foi moi dinámico xa que pedía a colaboración do alumnado e todos colaboraron gustosamente.




      Coa axuda de todos fixo dous retratos aos máis rápidos/afortunados.


13.2.20



XUNTANZA CLUB DE MANGA

Este luns 10 de febreiro tivemos unha nova xuntanza de clubs de Manga, esta vez invitados polo club do IES SAN PAIO DE TUI. Para dar a oportunidade de participar ao maior número de persoas, so puidemos ir 13 compañeiros e compañeiras do noso club, e alí nos xuntamos cos clubs do Indalecio Prieto de Tui, IES Valadares e Escolas Proval de Gondomar.





Coma sempre temos que felicitar aos anfitrións pola gran organización e o nivel dos concursos e obradoiros. O noso club participou organizando unha actividade de “adiviña…” desenvolvida por Nuria Cancelas e Nicolás Martínez de 4ºESO A.
Para comezar o día entrevistaron a Fernando Llor, guionista de novela gráfica veciño de Coia que estudou no noso instituto. Temos que invitalo as nosas sesións dos luns para que nos conte máis polo miúdo do seu traballo. Logo e ata a hora de comer se desenvolveron as distintas actividades polos espazos do instituto coma sempre sen interromper o funcionamento das aulas.


E para rematar como xa é tradición, o concurso de talentos onde participaron Nicolás Martínez e  Rosana Santos  con actuacións divertidas e de gran nivel.


Na entrega de premios final subiron ao escenario Nuria Cancelas e Aisha Pérez que gañaron o concurso de “Adiviña o openin” e “palabras encadeadas".






Parabéns para os premiados e para o Club de Manga do IES San Paio, exemplo de bo facer.








12.2.20

CIRCUNLOQUIO DE LECTURA

O pasado mércores 29 de xaneiro tivo lugar unha nova sesión do Circunloquio de lectura. Como nas anteriores edicións, reunímonos algúns profesor@s do instituto para compartir lecturas.



Coma sempre recopilamos as suxestións:








E tamén. LUIS DÍEZ,DANIEL DÍEZ CARPINTERO :Jugad, jugad malditos 
ARANCHA NOGUEIRA : Spleen en catro tempos 
ESTRO MONTAÑA : Pancarta para Xulia