Comezamos xa a celebrar o día mundial da poesía poñendo en marcha unha nova actividade. Os profesores e profesoras de linguas encargaranse de difundir e promocionar a actividade entre o alumnado.
Cada alumno participante debe aportar unha poesía (en lingua orixinal ou traducida) nunha ficha xunto cunha brevísima reseña do autor/a e , a ser posible unha foto. As fichas colgaranse nun mural en forma de árbore, conmemorando tamén o día da árbore
Alumnas pintando o mural
O día 21 de Marzo celebrarase un acto de lectura pública desas poesías, xunto coa proxección dunha montaxe audiovisual sobre as árbores e a natureza.
Dende a biblioteca, andamos tamén a preparar unha exposición sobre as árbores de Galiza. ...e este foi o resultado