O noso compañeiro Antón Piñeiro é un dos "vigueses distinguidos" do ano 2013. Concédeselle o premio polo seu labor a fronte da Agrupación Deportiva Seis de Nadal e pola súa labor docente. Noraboa e grazas a Antón pola súa dedicación. No seu discurso Antón recalcou a importancia do deporte sen esquecerse do orgullo que lle produce dedicarse ao ensino público no IES Alexandre Bóveda.
Amosando publicacións coa etiqueta profes b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta profes b>. Amosar todas as publicacións
27.3.13
Antón, Vigués Distinguido
O noso compañeiro Antón Piñeiro é un dos "vigueses distinguidos" do ano 2013. Concédeselle o premio polo seu labor a fronte da Agrupación Deportiva Seis de Nadal e pola súa labor docente. Noraboa e grazas a Antón pola súa dedicación. No seu discurso Antón recalcou a importancia do deporte sen esquecerse do orgullo que lle produce dedicarse ao ensino público no IES Alexandre Bóveda. 29.11.08
CRÓNICA DO ACTO (III)
O pasado luns tivo lugar en Bertamiráns, na biblioteca escolar do CEIP Bispo Guerra Campos, a sinatura da adenda aos presupostos entre o MEC e a Consellería de Educación por parte da Sra. Ministra e a Sra. Conselleira. Ao acto , entre outras persoas, fomos invitados os responsables de bibliotecas escolares. Esta é a crónica regueifeira que fixemos dese acto.

Con atención escoitou
aos tres plambeiros a ministra,
tamén nos felicitou
pola labor altruísta.
Ata que a vontade acabe
seguiremos traballando,
pero é mellor que poñades
no ROC ós bibliotecarios.
E entón a conselleira
ansiadas palabras pronunsiou:
será o sincuenta por sento
o que está no borrador.

Ese borrador borrado
parese que se quedou
e hai que sejir loitando
pa que nos metan no ROC.
E viñémonos de volta
coa mente tan do revés
que ata a amiga Olga
me chama Benito outra ves.
Sigue a crónica completa deste acto en:
O Segrel do Penedo (Capítulo I)
Milladoiro (Capílulo II)
5.6.08
Les choristes
Este luns día 2 tivo lugar a despedida do noso alumnado de bacharelato. Había moitos motivos polos que a biblio quería estar alí: vánsemos membros importantes do club de lectura, como Helena, Iris e Jorge. Pero esta vez non foron eles o centro de atención, senón o fabuloso coro de profes, dirixido pola nosa compañeira na biblio e profe de música Ánxeles. Interpretaron a varias (ou moitas) voces algunhas pezas do noso folclore (o recente concerto de Tradurbán deixou pegada) tocando varios estilos musicais: chachachá, habaneras e outras cousas "inemitibles". Todo un éxito para a despedida máis alegre dos nosos mozos e mozas. Lembramos que ese día deixou de chover.
NOTA: Este post corre perigo de poder ser modificado
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
