7.6.22

 

ACOLLIDA DO ALUMNADO DE SEXTO DOS COLEXIOS ADSCRITOS


Esta semana o alumnado de Sexto de Primaria dos colexios adscritos: CEIP Illas Cies, CEIP Virxe do Rocío, Ceip Seis do Nadal e CEIP Balaídos visitaron o instituto que será tamén o seu o vindeiro curso.

Foron recibidos polo departamento de Orientación e a Dirección. Percorreron o instituto, foron acollidos polo profesorado en distintos talleres e tamén pasaron pola biblioteca ,onde as profesoras encargadas lles informaron brevemente do  seu funcionamento.





6.6.22

          CERTAME LITERARIO DO DEPARTAMENTO DE     LINGUA GALEGA E LITERATURA  

TOLOSCONTOSCURTOS (prosa) 

SABOROSO SON DOS VERSOS SALGADOS (poesía)

 Convocamos un ano máis o certame literario do departamento de Lingua Galega e Literatura para celebrarmos o Día das Letras Galegas. Despois de tantos meses teimando para que o noso alumnado utilizase o galego de xeito natural entre a comunidade educativa, propuxemos que deixasen voar a súa imaxinación e lle desen forma de relato ou poema.

A entrega de premios tivo lugar na biblioteca. Parabéns a todos os participantes !

Est@s son @s  alumn@s premiad@s:

María Mínguez Fernández de 1ºESO D por O pintor do mundo ao revés (poesía) e Un libro embruxado (Prosa)

Guillermo Barreira Heras de 1ºESO E por Iguais pero distintos (Poesía)

Alexia Multa Araújo de 3º ESO B por Ollos de Lúa  (prosa)

Elena Vila Riveiro de 2ºBACH a por A historia do noso primeiro bico (prosa)












PRESENTACIÓN DO LIBRO 

 IMAXES ROUBADAS de NONES ARAÚJO





Este mes de maio tivo lugar a presentación para os alumnos de 1º de Bacharelato do libro IMAXES ROUBADAS, pola súa autora Nones Araújo, ex profesora de lingua española do noso centro.

Os relatos de IMAXES ROUBADAS están inspirados por obras de arte imprescindibles.

A autora foi combinando a proxección de imaxes das obras  cos fragmentos dos relatos relacionados.