30.4.26

23 abril: Día do libro

  

Para celebrar o Día do Libro, o Equipo da Biblioteca e o EDLG propuxeron a lectura de libros nos recreos desa semana e o concurso de Bookface.

As persoas interesadas, alumnado e profesorado, en ler escollían un fragmento do seu libro preferido, de calquera xénero literario. 

O concurso de Bookface acadou unha alta participación. 



 

 

 

Encontro literario con Pedro Feijoo

O 22 de abril o escritor Pedro Feijoo compartiu cos clubs de familias e profesorado do IES Alexandre Bóveda e do CEIP Plurilingüe Seis do Nadal unha xornada literaria. 

O escritor falounos da súa novela Onde nacen as bestas e do proceso de investigación e de escrita. 

Foi unha tarde marabillosa e moi interesante!

Deixamos por aquí a entrada no blog Atlas dos Soños (CEIP Plurinlingüe Seis do Nadal), que tamén fai referencia a este encontro compartido entre os dous centros educativos.