O noso compañeiro Antón Piñeiro é un dos "vigueses distinguidos" do ano 2013. Concédeselle o premio polo seu labor a fronte da Agrupación Deportiva Seis de Nadal e pola súa labor docente. Noraboa e grazas a Antón pola súa dedicación. No seu discurso Antón recalcou a importancia do deporte sen esquecerse do orgullo que lle produce dedicarse ao ensino público no IES Alexandre Bóveda.
27.3.13
11.3.13
Encontro con Núria Pradas.
O día 21 de febreiro visitounos Núria Pradas, autora do libro de lectura obrigatoria en lingua castelá para o alumnado de 1º de ESO, titulado “Heka, un viaje mágico a Egipto”, de Editorial Bambú.
Dado que no noso centro hai cinco cursos deste nivel, repetíronse en dúas sesións, a charla e o coloquio, unha co alumnado de 1º A e B na biblioteca, e outra con 1ºC, D e E no salón de actos.
Nese tempo, a autora presentouse como profesora que fora ata adicarse por enteiro á creación literaria, respondendo a continuación a todas aquelas preguntas que lle fixeron os alumnos e alumnas, onde mostraron o seu interese e curiosidade por variados aspectos do argumento, no que o protagonista, Víctor, un neno do século XXI, viaxa polo tempo ata a civilización exipcia, na que vive situacións sorprendentes con Tutmosis III, futuro faraón, cando era neno.
No coloquio interrogaron á autora con cuestión de moi variada temática: por que lle gusta a historia, cal foi a orixe de elexir entre todas as culturas, a axipcia; desde cando escribe, cantos libros ten xa coa súa sinatura, se coñece os lugares que describe, quen tivo a idea do despregable que recubre o libro, por que non desenrolou máis o personaxe da primeira muller “faraón”, que lle levou a elexir eses e no outros exipcios famosos… Pero a pregunta do millón, para a que todos os nosos lectores querían resposta, era , por que o mundo desaparece no último capítulo e non se sabe que pasará con Víctor. Núria entón aclarou que nos dous libros seguintes que completan a triloxía, sobre as culturas vikinga e maya, resólvese o enigma.
Ó remate houbo un tempo para que Núria asinara os libros.
O comportamento, en xeral, de todo o alumnado foi moi bo, cousa que a titora de 1º D comunicou por escrito ós pais, felicitándoos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)