19.6.19




CIRCUNLOQUIO DE LECTURA



O pasado 27 de novembro reunímonos de novo no CIRCUNLOQUIO DE LECTURA, unha xuntanza de compañeiros e compañeiras coa finalidade de compartir os nosos gustos literarios, cinéfilos... 









Compartimos  as suxestións con tod@s vós :

Las cosas que perdimos en el fuego   Mariana Enriquez
Pequeño pais  Gaël Faye
Berlin:ciudad de las piedras de Jason Lute
La Navidad para un niño en Gales Dylan Thomas
Sobrevida Ida Vitale
El otro Manuel  Manuel Bartual
Ya nadie baila Elvira Sastre
















EXPOSICIÓN MAIO 68

Iniciamos o curso conmemorando o 50 aniversario da protesta estudantil maio do 68.
O departamento de Xeografía e Historia, Música  xunto co equipo de biblioteca elaboraron materiais co alumnado que plasmamos nunha exposición.
Desde os acontecementos históricos pasando pola música percorremos estás accións que protagonizaron os estudantes en Francia, España e no resto do mundo.


Exposición: 50 anos do maio do 68 francés
En abril de 1968, organizacións estudiantís de esquerdas comezan accións de protesta, centradas na situación da Universidade en Francia. Porén, mestúranse outras razóns como a esixencia de máis liberdades públicas e privadas.
Como era a situación do país neste momento?

Aumenta o paro. A xuventude non ve claro o seu futuro. A pobreza faise máis presente. No barrio de Nanterre (foco das revoltas), crecen ano a ano as barriadas irregulares. As colonias das metrópoles occidentais están en pleno proceso de descolonización. O movemento obreiro está en auxe en Francia. Estamos nun momento de renovación cultural: movemento hippie ou filósofos como Marcusse ou Althusser.


4.6.19

VIDEOXOGOS UNHA ARTE DO SÉCULO XXI

EXPOSICIÓN “VIDEOXOGOS: UNHA ARTE DO SÉCULO XXI”

Na entrada do IES e no novo expositor da biblioteca levouse a cabo unha exposición de videoxogos recomendados e de libros e revistas sobre videoxogos. Nos videoxogos procurouse incidir nos que teñen características técnicas ou artísticas diferentes dos videoxogos comerciais, que son normalmente os únicos coñecidos pola maior parte do alumnado. En canto aos libros e revistas a súa exposición pública permite visibilizar aos videoxogos como unha parte importante da cultura actual e como un novo medio artístico con características propias.






1.6.19


WHITMAN,  MELVILLE e APOLLINAIRE

Este ano conmemoramos o bicentenario do nacemento  do poeta , ensaísta e humanista estadounidense Walt Whitman e do novelista e poeta  Herman Melville e o centenario do nacemento do poeta, novelista e ensaísta francés Guillaume  Apolllinaire.
Os alumnos de 2º de Bacharelato traballaron as súas biografías e obras e  elaboraron unha exposición cas mesmas.

























CENTO CINCUENTA ANOS DA CREACIÓN DA TÁBOA 
PERIÓDICA DE ELEMENTOS


Este curso co motivo do cento cincuenta aniversario da táboa periódica dos elementos , dende a biblioteca propuxemos ao seminario de Física e Química a creación deste proxecto.
 Dirixido por Mª Cristina Gómez Vicos e coa participación de Armando Candal e Luis Calvo, todos os segundos da ESO traballaron nesta exposición. Traballaron a construción dunha táboa periódica xigante que amosa as principais características dos elementos químicos, e tamén traballaron os elementos máis salientables no desenvolvemento da tecnoloxía humana. Destacáronse os descubridores españois dalgúns elementos desta táboa .