1.6.19



CENTO CINCUENTA ANOS DA CREACIÓN DA TÁBOA 
PERIÓDICA DE ELEMENTOS


Este curso co motivo do cento cincuenta aniversario da táboa periódica dos elementos , dende a biblioteca propuxemos ao seminario de Física e Química a creación deste proxecto.
 Dirixido por Mª Cristina Gómez Vicos e coa participación de Armando Candal e Luis Calvo, todos os segundos da ESO traballaron nesta exposición. Traballaron a construción dunha táboa periódica xigante que amosa as principais características dos elementos químicos, e tamén traballaron os elementos máis salientables no desenvolvemento da tecnoloxía humana. Destacáronse os descubridores españois dalgúns elementos desta táboa .








Ningún comentario: