Xunto
co equipo do EDLG e o voluntariado da Biblioteca decoramos con motivos
do Samaín o interior da Biblioteca e os corredores próximos. Entre
eles, pantasmas con
textos de medo de autores e autoras da nosa literatura, photocall e
epitafios e animais fantásticos elaborados polo noso alumnado.
O 30 de outubro celebrouse na biblioteca a entrega de premios dos concursos organizados para o Samaín: concurso de decoración de portas "As portas do Inferno", concurso de epitafios e concurso de microrrelatos de terror, organizados polo EDLG, o departamento de galego e a biblioteca.
Parabéns
ás persoas gañadoras e moitas grazas pola participación, especialmente
ao alumnado dos cursos baixos que amosou unha gran creatividade e
entusiasmo.