15.12.25

Calendario de advento: recomendacións de lectura para o Nadal

O Equipo da Biblioteca do IES Alexandre Bóveda quere desexarvos unhas boas festas ateigadas de boa lectura. Para iso, queremos achegarvos as nosas suxestións lectoras, de temática e xénero variados, que axudarán a que unha tarde chuviosa de manta e sofá se converta nunha experiencia transformadora e inesquecible.  

Podedes ver o vídeo na seguinte ligazón.

Bo Nadal e feliz aninovo!


 

11.12.25

Nadal

E a Biblioteca vestiuse de Nadal antes de marchar de vacacións para comer o turrón.



10.12.25

Novo proxecto: Club de lectura de familias e profesorado

En xaneiro comezaremos cun novo proxecto: o Club de lectura de familias e profesorado. Esta iniciativa xorde, principalmente, para promover a relación dos distintos sectores da comunidade educativa que forman parte do IES Alexandre Bóveda. Outra das razóns que nos impulsa é a estreita colaboración co Club de lectura do CEIP Plurilingüe Seis do Nadal. Deste xeito, compartiremos lecturas e as sesións e encontros cos escritores e escritoras.

As propostas lectoras son: 

-Onde nacen as bestas, de Pedro Feijoo. 

-A casa grande, de Olaia Sendón

-Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino

-Obras de Begoña Caamaño




Obradoiro de adornos de Nadal

Como estamos en tempo de Nadal, a Biblioteca organizou un obradoiro de adornos de Nadal. Dúas alumnas de 3º ESO foron as encargadas de coordinalo. 

Moito aprendemos delas!!