2.3.22

 


NOVAS DO CLUB DE MANGA

Iniciamos o curso con numerosas incorporacións, parece que o manga ten moito tirón no alumnado de 1º de eso.
Neste curso repetimos as xuntanzas nos segundo recreo do xoves e participamos no proxecto Julio Verne:
Imos a facer un fancine recreando unha das escenas máis dramáticas da novela "20.000 leguas de viaje submarino". Para este proxecto contamos coa dirección artística de Norberto Fdez., dibujante vigués e colaborador de da fai cursos do club.
O proxecto ten moi boa pinta e estamos traballando a bo ritmo.
Pero tamén temos ganas de participar no antroido polo que fixemos un obradoiro de máscaras de personaxes manga e coordinado por Tomás Glez., técnico de iluminación e escenografía que con moita paciencia nos acompañou para recrear con diversos materiais os personaxes que máis nos inspiran. Traballamos a reo para poder expor os traballos na entrada do instituto xunto cos traballos de plástica e as infografías do entroido francófono.
Aínda queda moito curso e moitos proxectos no club. 

Proxecto Julio Verne



Obradoiro máscaras entroido