28.5.07

Saímos na prensa

Na Voz de Galicia, edición de Ourense, do 17 de maio de 2007, o autor de "Luar no inferno" escribe acerca dunha visita á nosa biblioteca. Reproducimos aquí integramente o artigo que apareceu no suplemento de cultura.

24.5.07

Novidades de diversas materias

Imos incorporando máis cousiñas interesantes ó noso catálogo

LETRAS GALEGAS 2007

Tamén este ano celebramos as letras galegas cun acto na biblioteca. Un grupo de alumnos de 4º ESO recitaron poemas de Rosalía e da homenaxeada María Mariño. O rematar as lecturas entregamos algúns premios da biblioteca e rematou o acto con música de violino, viola, gaitas e pandeireta. Tivemos ocasión de cantar o Himno Galego ó son dos instrumentos de corda.

>

8.5.07

Visita de Miguel Anxo Fernández

Onte, 7 de maio, visitou a nosa biblioteca o escritor de novela policial galega Miguel Anxo Fernández, creador do detective Frank Soutelo, para comentar co noso alumnado de 4º a súa última novela Luar no inferno. A charla resultou moi amena e interesante, posto que os alumnos leran previamente a obra, chegando a haber un pequeno debate acerca dos aspectos máis morbosos da vida do famoso detective. O autor, ademais, falou sobre a súa maneira de traballar as novelas, animando non só á lectura, senón tamén á escritura. Ó final asinou bastantes exemplares do seu libro. Ah! e adiantounos que axiña verá a luz unha nova aventura do detective.



I Olimpiada do Saber

Con motivo da exposición de novela negra, puxemos en marcha a nosa I Olimpiada do Saber. O alumnado da ESO participará durante catro semanas en diversas probas relacionadas coa exposición: preguntas diarias, apostas semanais, pista a pista e preguntón quincenal. Toda unha aventura de investigación detectivesca na que están a participar 17 equipos.

7.5.07

Exposición Novela Negra.

Sherlock con despacho na nosa biblio
Grazas á idea, esforzo e xenerosidade das compañeiras da biblioteca do IES Rodeira de Cangas, que compartiron con nós os arquivos sobre a novela negra e algúns dos materiais necesarios para o despacho de Sherlock, hoxe temos montada polo centro esta exposición sobre a novela negra. Ademais está en marcha a Olimpiada do saber, coa exposición como pretexto, cunha participación de 19 equipos da ESO.
ALGUNHAS FOTOS DA NOSA EXPO

Lectura en inglés

Continuamos coa novela negra. Para os readers máis atrevidos outras historias de Arthur Conan Doyle: The speckled band and other stories. Aínda podes ser lector/a deste trimestre.


Libro do mes: O can dos Baskerville

Para este último mes de concurso, decidimos que o libro do mes sexa o mesmo que o libro do trimestre que se oferta para o club de lectura. O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle é o noso libro de referencia neste tramo do curso, aproveitando que temos o mes de Maio adicado á novela negra.

PINCHA AQUÍ E LE AS OBRAS

Participade no club de lectura deixando os vosos comentarios no blog