Esta actividade levada a cabo co grupo de 4º ESO A enmárcase dentro do Proxecto lector do Departamento de Inglés. Na programación figura a obrigatoriedade de facer un numero de lecturas, que varía para cada nivel. No departamento tomamos a decisión de non sinalar lecturas únicas por nivel, senón ofrecer varias suxestións de títulos que abranguen unha variedade de temas e niveis para cada curso. Deste xeito pretendemos que o alumando poida escoller lectura segundo os seus intereses e nivel de competencia.
Na actividade feita polo grupo 4º ESO A no primeiro trimestre, cada alumno/a escolleu unha lectura a partir dunha lista de clásicos adaptados (por exemplo, Doctor Kekyll & Mr Hyde, A Christmas Carol, The Call of the Wild, Romeo and Juliet, The Hound of the Baskervilles, entre outros). Logo da lectura na casa, e da presentación dunha pequena recensión crítica, cada alumno/a tivo que escoller un parágrafo do libro que considerase axeitado para animar aos compañeiros á súa lectura, así como unha ilustración para presentalo de xeito atractivo. Así mesmo, incluíron a información precisa para localizar o libro na biblioteca. Con todos os traballos fíxose unha exposición na clase. No segundo trimestre, cada alumno/a “visitou” a exposición e escolleu, de entre todos os presentados, o seguinte libro para facer o traballo de clase.
Pensamos que é moi importante que a lectura, aínda sendo obrigatoria como actividade, se adecúe o máis posible aos gustos e nivel do alumnado, así podemos conservar o interese do alumnado lector, e tratar de espertar o daqueles que aínda non o son.
Luz valencia