21.10.19


INDÓMITA E A SEMENTE DA INMORTALIDADE  de Álex Mene

O noso compañeiro e profesor de Educación Plástica Álex Mene ven de publicar Indómita  e a semente da inmortalidade, premio no 1 certame de literatura infantil e xuvenil Muiño do Vento.  


    


Indómita, unha rapaza de 13 anos, está disposta a arriscar a vida para salvar a súa aldea, un lugar especial que mesmo podería non existir, pois até o de agora ninguén logrou entrar nin saír dela.
 A rapaza deberá abandonala e baixar os escarpados e neboentos barrancos na procura dunha solución aos males que a asolan.


 O diario de Indómita, cheo de  referencias a grandes clásicos da literatura infantil e xuvenil, supón unha viaxe única, a inmersión nun     lugar repleto de misterios, con personaxes tan extravagantes como divertidos.



Os alumnos do club de lectura de 1º ESO xa o están lendo e lles está gustando moito. 
Máis novas proximamente na vindeira sesión do club de lectura !!!

20.10.19



CURSO 2019-2020

 BENVID@S DE NOVO Á BIBLIOTECA DO ALEXANDRE BÓVEDA

No mes de outubro as profesoras encargadas da biblioteca levamos a cabo a formación de usuarios para os novos alumnos do instituto : os de 1ºde ESO.
Explicámoslles o funcionamento e animámolos a formar parte do club de lectura e do club de manga,. E sobre todo animámolos a visitar a biblioteca e o apaixonante mundo dos libros.