INDÓMITA E A SEMENTE DA INMORTALIDADE de Álex Mene
O noso compañeiro e profesor de Educación Plástica Álex Mene ven de publicar Indómita e a semente da inmortalidade, premio no 1 certame de literatura infantil e xuvenil Muiño do Vento.
Indómita, unha rapaza de 13 anos, está disposta a arriscar a vida para salvar a súa aldea, un lugar especial que mesmo podería non existir, pois até o de agora ninguén logrou entrar nin saír dela.
A rapaza deberá abandonala e baixar os escarpados e neboentos barrancos na procura dunha solución aos males que a asolan.
O diario de Indómita, cheo de referencias a grandes clásicos da literatura infantil e xuvenil, supón unha viaxe única, a inmersión nun lugar repleto de misterios, con personaxes tan extravagantes como divertidos.
Os alumnos do club de lectura de 1º ESO xa o están lendo e lles está gustando moito.
Máis novas proximamente na vindeira sesión do club de lectura !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario