Esta é unha mostra das fotos que se realizaron para o concurso que convocou a biblioteca a partir do tema que traballamos este ano no PIN. Moitas das imaxes foron tomadas aproveitando a visita aos lavadoiros feita na actividade "O roteiro de Coia" ou na excursión que fixemos co alumnado do club de lectura a Rianxo, Cabío e Corrubedo.
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos b>. Amosar todas as publicacións
10.6.15
5.2.15
VI CONCURSO DE PROBLEMAS E V DE RELATOS MATEMÁTICOS
O Departamento de Matemáticas convoca un ano
máis -como parte do Plan Lector- o VI CONCURSO DE PROBLEMAS E V DE
RELATOS MATEMÁTICOS para os alumnos do Alexandre Bóveda.
O noso querido personaxe Leo Pi e a vosa nova
compañeira Xiana contaránvos as súas historias, este ano
relacionadas co tema do proxecto interdisciplinar do Centro: "Augas,
fontes, ríos...e mares de Galicia". Nelas vivirán situacións
“problemáticas” que eles, coa vosa axuda, resolverán grazas a
vosa sabeduría matemática.
Moita sorte.
Participantes:
-
Todos os alumnos da ESO están invitados a participar no concurso de problemas.
-
Os alumnos - ESO e Bacharelato- están invitados a participar no concurso de relatos matemáticos.
-
Problemas: recollida da historia-problema o xoves 5 de febreiro na conserxería e entrega límite de respostas o martes 10.
-
Relatos: do 5 a finais de febreiro.
Etiquetas:
Concursos,
Matemáticas
30.1.15
Concurso de marcapáxinas
As alumnas de 1ºESO A: Sara Casares, María Casau, María Casares, Raquel Pérez e Jénnifer Fernández de 1ºESO B, foron as gañadoras do concurso de marcapáxinas organizado pola nosa biblioteca.
E foron premiadas pola súa participación, interese e bo facer.
Etiquetas:
Actividades do alumnado,
Animación á lectura,
Concursos
11.5.14
Certames literarios
Desde o departamento e Galego, convócanse novas edicións dos concursos:
- SABOROSO SON DOS VERSOS SALGADOS (Ler bases aquí)
- TOLOSCONTOSCURTOS (Ler bases aquí)
- SABOROSO SON DOS VERSOS SALGADOS (Ler bases aquí)
- TOLOSCONTOSCURTOS (Ler bases aquí)
13.4.13
Campións do rally matemático
Os alumnos e alumnas de 1º de ESO Susana Castiñeira Lampón, Iria Feijoo
Rey, Lucas Lestón Benavides, Adrián López Fernández, Lydia Lorenzo Cisneros, Antón Sánchez Landesa, Alba Estévez Vázquez, e Martín Lomba Rodríguez, foron os gañadores absolutos do 1º rally matemático galego para 1º de ESO. O xoves 11 de abril competiron na gran final en Santiago e acadaron a victoria. Moitas felicidades. Agora a pola superfinal do rally en Toulouse. Aquí podemos velos coa súa profe Paloma. Parabéns para estes futuros científicos...
16.3.12
Toloscontoscurtos e Versos Salgados
Ata o 12 de maio está aberto o prazo de presentación de orixinais para o II certame de contos curtos con retranca, "Toloscontoscurtos", e para o I certame de poesía "Saboroso Son dos Versos Salgados",
convocados polo
departamento de Galego. Podedes consultar as bases ampliando a imaxe ou ben nos carteis que están colocados polos corredores do insti. Ánimo e a participar!!!
convocados polo
departamento de Galego. Podedes consultar as bases ampliando a imaxe ou ben nos carteis que están colocados polos corredores do insti. Ánimo e a participar!!!23.1.12
Concursos matemáticos
Convócase o III Concurso de problemas matemáticos e II de relatos matemáticos. Coma no curso pasado, o concurso farase a través da aula virtual, para o que debedes inscribirvos. Podedes picar neste enlace para consultar as BASES

2.11.11
Actividades contra a violencia de xénero

Dedicamos o mes de novembro ás actividades contra a violencia de xénero. Nos próximo días poderedes ver polos corredores uns carteis coma os da imaxe, preparados para que poidades escribir neles unha pequena declaración a favor da convivencia. Por outra banda convócase un concurso de postais ilustradas e con lema, en galego, a favor da tolerancia, o respecto e a convivencia. Tamén se convoca un concurso de twit-relatos en galego (máximo 140 caracteres) baixo os mesmos lemas que o concurso de postais.
Podedes ler as bases dos concursos nos carteis que hai polo instituto.
As postais e os twit-relatos haberá que entregalos na bibliobóveda antes do día 25 de novembro, día no que celebraremos unha sesión de vídeos contra a violencia.
6.4.11
3º ESO A GAÑADORES DO “RALLYE MATEMÁTICO 2011”
Os alumnos e alumnas do curso de 3º ESO A foron os gañadores galegos do XIX RALLYE MATEMÁTICO celebrado o 21 de Marzo do 2011.
PARABÉNS para todos eles.
Os 20 alumnos de 3º ESO A demostraron, unha vez máis, as súas habilidades no eido das Matemáticas. Cos seus amplos coñecementos matemáticos, o seu sentido organizativo, a súa perseverancia, a súa infinita ilusión conseguiron ser os mellores dunha cuarentena de grupos de toda Galicia que coma eles querían ser os primeiros. Este concurso caracterízase por ser unha competición matemática en grupo. A os 70 grupos que participaron este ano no Rallye propúsoselles 5 exercicios para resolver nunha hora. Todos os grupos, o mesmo dia a mesma hora, e vixiados por profesores doutro Centro, fixeron a mesma proba ( 4 exercicios comúns e o quinto específico para 3º ESO ou 4ª ESO), pero cada grupo no seu Centro .
O resultado final xa o coñecedes: 1º premio 3ºA do IES Alexandre Bóveda de Vigo
Despois desta gran alegría para o Centro, para o Departamento de Matemáticas e sobre todo para estes 20 alumnos aínda nos agardan máis satisfaccións: os premios. O primeiro paso é unha viaxe a Santiago de Compostela onde representantes da administración educativa farán entrega de Diplomas e de algúns presentes (non moitos pola crise) aos alumnos gañadores. O premio importante consiste nun desembolso monetario para o gasto do traslado a Toulousse dos gañadores de 3º e 4º de ESO a finais de maio. Unha vez alí estos grupos representarán a Galicia na final do Rallye Matemático de Toulousse.
Moita sorte 3º ESO A e a seguires traballando tan ben como ata agora.
A profesora Rosalía Fernández, que preparou ao grupo para esta proba, fíxonos esta crónica. Desde a biblioteca unímonos aos parabéns para 3º A.
14.3.11
Ilustración gañadora
Durante o mes pasado, como actividade complementaria á exposición de álbum e libro ilustrado, tivemos convocado un concurso para ilustrar o conto de Carlos Casares "A rapaza do circo". A gañadora foi Noa Covelo, que fixo un extraordinario traballo cheo de arte e sensibilidade. Co beneplácito da editorial publicamos a versión en issuu do conto ilustrado por Noa. A nós xa nos pagou a pena.
19.1.11
CONCURSO MATEMÁTICO
Un ano máis e ao abeiro do plan anual de lectura do departamento de matemáticas, ponse en marcha o II Concurso Matemático, este ano cunha interesante novidade: ao exitoso concurso de resolución de problemas matemáticos únese un concurso de relato matemático. O alumnado deberá resolver problemas que requeriran a lectura previa de enunciados longos, pero tamén poderán inventar o seu propio relato ou enunciado a modo de relato. Este ano introducimos ademais a posibilidade de entregar as solucións a través da aula virtual. Podedes ler aquí as BASES DO CONCURSO. As preguntas, nas datas que se establecen nas bases, colgaranse na web do insti, na aula virtual e máis neste blog. Estade atentos.
Deixamos aquí algúns dos carteis que podedes ver polo insti adiante.
5.10.10
Concurso de reportaxes
Iniciamos as actividades da biblioteca coa posta en marcha dun concurso de reportaxes periodísticas sobre a nosa cidade, destinado a 4º e bacharelato. Este trimestre propoñemos dous temas, para escoller un: o feísmo urbanístico e a humanización da cidade. Animadevos a participar. Podedes consultar no enlace para ver o CARTEL COAS BASES DO CONCURSO
30.1.10
Día da Paz no insti
Como tódolos anos, onte celebramos o Día da Paz. Cos grupos de primeiro ESO centrámonos na concienciación sobre os diversas implicacións da palabra: as desigualdades, a pobreza, a tolerancia, a emigración, a supervivencia en condicións extremas (Haití)... Para iso proxectamos unha recopilación de vídeos de produción propia xunto coa curta de Pixar "Pigeon Impossible", que utilizamos para romper o xeo e facer pensar sobre as diversas caras da Paz (esa pomba/bomba) Consideramos os vídeos como unha ferramenta na que tratamos de asociar as letras coas imaxes que fan comprender o sentido dos textos, e non só utilizamos cancións, senón tamén poemas. Sorprende (ou xa non) o feito de que TODOS os vídeos foron moi aplaudidos, tanto as cancións como os poemas, igualmente en castelán que en galego, inglés e catalán.
Por outra banda, colocamos a exposición de murais que participan no concurso convocado por nós. A maioria deles foron traballados nas aulas durante estas últimas semanas, polo que agradecemos a colaboración do profesorado que orientou as distintas buscas de información. Tamén demos cabida a outros murais e carteis feitos para participar no concurso.
Por último, celebramos na biblioteca un concurso de redacción, voluntario, no que xa non tivemos tanta participación, pero que agardamos sexa xérmolo de futuras convocatorias que acadarán éxito coa axuda e promoción do profesorado
Por último, celebramos na biblioteca un concurso de redacción, voluntario, no que xa non tivemos tanta participación, pero que agardamos sexa xérmolo de futuras convocatorias que acadarán éxito coa axuda e promoción do profesorado
18.1.10
Concurso matemático. Semana I
Pica nos enlaces para ler as preguntas desta semana:
Problema para o 1º ciclo da ESO
Problema para o 2º ciclo da ESO
Problema para bacharelato
Problema para o 1º ciclo da ESO
Problema para o 2º ciclo da ESO
Problema para bacharelato
Actividades para xaneiro
Durante este mes temos en marcha diversas actividades ALFIN: o próximo luns comezará un concurso de resolución de problemas matemáticos. Este concurso é a conclusión da actividade do plan lector que estamos levando a cabo neste curso, que consiste en facer un maior fincapé na lectura comprensiva de enunciados de problemas matemáticos. Terá catro semanas de duración. O luns 18 publicaremos o primeiro problema neste blog e tamén na web do insti
Outras actividades en curso gardan relación coas celebracións do Día da Paz, para o cal propuxemos un concurso de murais e un de redacción. Para o concurso de murais algúns titores e profes están a desenvolver esa tarefa nas aulas, dirixindo os murais do alumnado participante. O concurso de redacción farase o día 29 na biblioteca, e o profesorado colaborador adicará parte do tempo de clase a dar pautas para a elaboración dos textos.
Deixamos aquí os carteis das convocatorias.


Etiquetas:
ALFIN,
Concursos,
Día da paz,
Matemáticas
9.2.09
Certame de Cartas de amor
Está en marcha o noso 4º Certame de Cartas de Amor. Entregade os orixinais na biblioteca. Por mor do temporal ampliamos o prazo de entrega ata o luns 16 de febreiro. Admítense cartas artísticas. Xa sabedes: Os gañadores, ademáis de ser publicados na revista "O besbello", recibirán un premio da biblioteca. Ánimo e a participar, aínda que este febreiro aínda non sexa nada primaveral.
8.12.08
En busca de las voces perdidas. Libro do mes
Xa está aquí o novo libro do mes. Realiza connosco esta
viaxe en busca dos símbolos e das palabras. Anímate a participar no concurso máis lonxevo da biblioteca. Le con entusiasmo este conto sobre a necesidade da linguaxe. Unha fermosa fábula ideal para ler nas vacacións de Nadal. Quen será o primeiro/a en conseguir tódolos bibliopuntos postos en xogo?.
viaxe en busca dos símbolos e das palabras. Anímate a participar no concurso máis lonxevo da biblioteca. Le con entusiasmo este conto sobre a necesidade da linguaxe. Unha fermosa fábula ideal para ler nas vacacións de Nadal. Quen será o primeiro/a en conseguir tódolos bibliopuntos postos en xogo?.
Este mes, ademáis retomamos o concurso de ilustracións: podedes presentar unha ilustración sobre o contido do libro. Informádevos na biblio e pedídelle axuda aos profes de plástica. Ao mellor inventades un novo alfabeto...
Etiquetas:
Concursos,
LIBRO DO MES,
Recomendacións lectura
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



