PREPARANDO O SAMAÍN
Esta semana decoramos a biblioteca cos motivos do Samaín e temos unha exposición de libros de temática terrorífica.
FORMACIÓN DE USUARIOS NA NOSA BIBLIOTECA
Esta primeira semana do mes de outubro tiveron lugar na nosa biblioteca as sesións de formación de usuarios para o alumnado novo do noso instituto.
As profesoras encargadas da biblioteca explicamos o funcionamento da mesma e entregamos ao alumnado o seu carnet co seu número de lector.
Animámolos tamén a formar parte dos diferentes clubs: de lectura, de manga, de xogos de mesa e do Comando Igualdade.
E sobre todo animámolos a visitar a nosa biblioteca e o apaixonante mundo dos libros !!