O 20 de maio a escritora luguesa Abril Camino, compartiu cos clubs de familias e profesorado do IES Alexandre Bóveda e do CEIP Plurilingüe Seis do Nadal unha xornada literaria.
Abril Camino falounos da súa novela Mulleres que viven xuntas, XLII Premio Xerais de Novela 2025, e da lembranza dunha conversa que tivo lugar no seo da súa familia e que foi o xermolo desta novela, chea de sororidade, amor, amizade e loitas sociais e culturais nun tempo en qu ea represión en todos os niveis sociais era constante.
Deixamos por aquí a entrada no blog Atlas dos Soños (CEIP Plurinlingüe Seis do Nadal), que tamén fai referencia a este encontro compartido entre os dous centros educativos.
Foi unha tarde marabillosa e moi interesante!



Ningún comentario:
Publicar un comentario