19.6.19




EXPOSICIÓN MAIO 68

Iniciamos o curso conmemorando o 50 aniversario da protesta estudantil maio do 68.
O departamento de Xeografía e Historia, Música  xunto co equipo de biblioteca elaboraron materiais co alumnado que plasmamos nunha exposición.
Desde os acontecementos históricos pasando pola música percorremos estás accións que protagonizaron os estudantes en Francia, España e no resto do mundo.


Exposición: 50 anos do maio do 68 francés
En abril de 1968, organizacións estudiantís de esquerdas comezan accións de protesta, centradas na situación da Universidade en Francia. Porén, mestúranse outras razóns como a esixencia de máis liberdades públicas e privadas.
Como era a situación do país neste momento?

Aumenta o paro. A xuventude non ve claro o seu futuro. A pobreza faise máis presente. No barrio de Nanterre (foco das revoltas), crecen ano a ano as barriadas irregulares. As colonias das metrópoles occidentais están en pleno proceso de descolonización. O movemento obreiro está en auxe en Francia. Estamos nun momento de renovación cultural: movemento hippie ou filósofos como Marcusse ou Althusser.


Ningún comentario: