Amosando publicacións coa etiqueta acollida alumnado 2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta acollida alumnado 2023. Amosar todas as publicacións

8.6.23

  

 ACOLLIDA DO ALUMNADO DE SEXTO DOS COLEXIOS ADSCRITOS

Esta semana o alumnado de Sexto de Primaria dos colexios adscritos: CEIP Illas Cies, CEIP Virxe do Rocío, Ceip Seis do Nadal e CEIP Balaídos visitaron o instituto, que será tamén o seu o vindeiro curso.

Foron recibidos polo departamento de Orientación e a Dirección. Percorreron o instituto, foron acollidos polo profesorado en distintos obradoiros e tamén pasaron pola biblioteca, onde as profesoras encargadas  informaron brevemente do  seu funcionamento.