9.5.19



CONTACONTOS  GALEGO-INGLÉS NA BIBLIOTECA

O pasado 21 de xaneiro os alumnos de 1º de Bacharelato asistiron a unha sesión de contacontos en
galego e inglés . Foi unha experiencia de tradución simultánea moi reveladora, xa que se
decataron dos matices tan paralelos que existen en moitas palabras nas dúas linguas e que non son
tan fáciles de atopar no castelán.
O acto tivo lugar na biblioteca, onde ao sermos tantos asistentes, fixemos un espazo de silencio
sentados moi xuntos e atentos ao bo facer das contacontos, que conseguiron captar a nosa atención
dende o minuto un. O seu ben facer e o ritmo natural co que fluían os contos nas dúas linguas á
vez, atraparon a un público entregado: escoitamos sen perder fío aventuras de Oriente, relatos de
humor e finais insospeitados que nos fixeron desfrutar coma nenos.
Sen dúbida unha experiencia tremendamente enriquecedora, que involucrou aos departamentos de
Inglés e Galego nun proxecto común de motivación ao alumnado de Bacharelato ao gozar da
tradición oral dos contacontos.


Ningún comentario: