9.5.18

XORNADAS DE BIBLIOTECA, SANTIAGO 12-13 DE ABRIL 2018

XORNADAS DE BIBLIOTECA
O pasado venres 13 de abril a responsábel da biblioteca do centro, Ana López Álvarez , asistiu ás Xornadas de Biblioteca.

Este ano o tema era como repensar as nosas bibliotecas. Levamos máis dunha década de moi bo funcionamento e, nesas xornadas, falamos de como adaptar a nosa biblioteca aos novos tempos educativos e tecnolóxicos.
Nas sesións que houbo na quenda da mañá, tivemos o privilexio de escoitar á bibliotecaria catalá C. Fenoll que, seguindo as letras do abecedario, deu até vinte e sete ideas suxerentes para mellorar o noso traballo. Tamén falou de como a biblioteca dá acceso e oportunidades para todos, pois é inclusiva, especialmente para o alumnado que non ten acceso a internet na casa.
G. Jover, dende unha mirada crítica a través da lectura, e como ésta axuda a comprender o mundo, fíxome reflexionar en como, ás veces, a rapazada se perde cos textos que estamos a ler ou non entende que deben facer con eles.
Despois de xantar vimos diferentes experiencias de centros que comezaban no Plambe ou outros que xa estaban a repensar os espazos nas súas bibliotecas. Tamén falamos do traballo do voluntariado, como formalo ou abrir a biblioteca durante toda a xornada escolar -só posíbel con alumnado maior.
Finalmente, A. Reigosa fixo un eloxio da memoria e da imaxinación como acervo cultural e literario colectivo.

Ningún comentario: