COMICON MOAÑA 2018
O venres 4 de maio o clube de manga do instituto colleo o barco a Moaña para disfrutar do primeiro día da COMICON que se celebra na vila durante o venres e sábado.
Organizado polos institutos de Moaña, IES A Paralaia e IES As Barxas, con Curro e Eugenia ao frente, un ano máis demostraron o bó traballo e a capacidade de organización do alumnado dos clubs de manga destes centros. Stands de todo tipo relacionados co mundo manga, dende libros a xogos de mesa e concursos de talentos, charlas e multitude de actividades, animaron á participación dos aficionados e de curiosos que ata alí se acercaron.
Pero o millor estaba por chegar á tarde co 1º Premio no concurso de talentos co baile das magníficas rapazas que dirixen o club: Noelia López, Lucía García, Saray González, Sabela Rebollo, Beatriz García e Uxía Carrete. Un merecidísimo premio para os nosas bailarinas!!!!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario