O libro elixido nesta ocasión foi O gardían entre o centeo do escritor norteamericano Jerome David Salinger. Os alumnos que participaron cursan segundo ,terceiro e cuarto de ESO e tamén primeiro de bacharelato.
Expuxéronse varios puntos de vista sobre o personaxe principal: un quinceañeiro chamado Holden Caufield.Os alumnos consideraron que era demasiado infantil e non acababan de entender a súa forma de actuar ou pensar ante situacións que lle ían acontecendo.
Ademáis tamén lles costou entender o desenvolvemento da historia xa que consideraban que non tiña nin principio nin fin, é dicir que era simplemente a historia de alguén durante uns días sen ningún obxectivo final.
A experiencia foi positiva e chocante á vez Positiva por ver a forma moi correcta ca que se expresan e por ver como sacaban as súas propias conclusións sobre a forma de pensar de Holden Caufield. Débese dicir que nalgúns casos as conclusións con respecto ao personaxe eran moi críticas.
Os alumnos non entenderon ben o libro, estes adolescentes non entenderon a forma de actuar da personaxe sendo da mesma idade. En definitiva non se vían reflectidos nel. Parece que o libro non é moi acaído para estas idades e que as peripecias de Holden Caufield lles quedan moi lonxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario