30.1.15

Concurso de marcapáxinas



As alumnas de 1ºESO A: Sara Casares, María Casau, María Casares, Raquel Pérez e Jénnifer Fernández de 1ºESO B, foron as gañadoras do concurso de marcapáxinas organizado pola nosa biblioteca.


E  foron premiadas pola súa participación, interese e bo facer.




29.1.15

Crispín D'Olot

O xograr leonés Crispín D´Olot fixo un repaso do máis destacado da literatura española medieval, renacentista e barroca do que poido disfrutar o alumnado de 1º bacharelato e 3ºESO. Todos gozamos coa súa representación, a música coa que acompañaba sempre aos textos e a implicación co público. 

18.12.14

Circunloquio de lectura

O pasado 27 de novembro reunímonos no primeiro CIRCUNLOQUIO DE LECTURA, unha xuntanza de compañeiros e compañeiras coa finalidade de compartir os nosos gustos literarios, cinéfilos...

Nesta primeira convocatoria falamos de lectura, cada un levou  un ou varios libros que dalgunha maneira eran significativos para cada quen. A presentación e os animados comentarios sobre esas lecturas despertaron o noso interese e curiosidade. Para que tod@s vós podades gozar destas suxestións, aí vai a lista  co nome da persoa que os recomendou:

José Luis Suárez: ROBERT WALSER, El Paseo.
Ana López: JASMÍN CROWTHER, La cocina del azafrán.
Ana Álvarez: IVO ANDRIC, Un puente sobre el Drina;
                     RYSZARD KAPUSCINSKI, El imperio.
Pilar Ramos: MAALOUF, Los desorientados;
                    MIGUEL DELIBES, El hereje.
Ángeles L. Rielo: XESÚS CONSTELA, Shakespeare destilado;
                         SANDRA CISNEROS, A casa de Mango Street.
Luz Valencia: J. LE CARRÉ, Una verdad delicada;
                     HILARY MANTEL, Una reina en el estrado.
Fonso Piñeiro: PAASILINNA, O muiñeiro ouveador;
                      SANDOR MARAI: La mujer justa
Paz López: BARRY GIFFORD, LAWRENCE LEE, El libro de Jack.
Daniel R. Pizarro: SAVIANO, CeroCeroCero.
Celia García Fole: ÁNGEL GONZÁLEZ, Palabra sobre palabra;
                            GIOCONDA BELLI, El ojo de la mujer.

16.12.14

Visita de Antón Riveiro Coello


Antón Riveiro Coello tivo a ben visitarnos, invitado polo Departamento de Lingua Galega, este luns 15 de decembro ás 12:30 para falarnos ao alumnado de 1º de bacharelato e ao profesorado que asistimos sobre As rulas de Bakunin. Foi un auténtico luxo para o instituto contar coa súa presenza. 
O autor, que se declarou tímido, repasou nun ton baixiño e monocorde, algúns episodios fundamentais da súa biografía que o levaron á converterse en escritor. Falounos do Xinzo de Limia dos anos 70; de como encontrou refuxio na guitarra e nas palabras durante a adolescencia; da capacidade para narrar como unha capacidade útil para levar unha carreira de Dereito, pola que non se apaixonou, e como principal recurso para seducir á que hoxe é a súa muller e apoio fundamental na súa angueira creativa.

 Logo pasou a falar das Rulas e tratou os temas que, despois de 14 anos e catro edicións, sonlle máis suscitados nos encontros nos que participa: o carácter simbólico do título (a liberdade, a emigración e o cariño da palabra “rulas”); de onde xurdiu a novela e o deseño do personaxe do Lambeconas; de onde xurdiu a idea do recitado dun libro; como se documentou e como tratou os personaxes inspirados nunha mestura de persoas reais. Contou, en fin, anécdotas dos encontros co lectorado. Tamén confesou que non consideraba As rulas de Bakunin a súa mellor novela. Non obstante levounos polos lugares máis emblemáticos da súa historia por medio dunha presentación de fotos de Vilaboa e Celas, nos arredores da Coruña.

No remate algunhas alumnas e alumnos preguntáronlle cuestións sobre a novela. “Son moi boas preguntas, difíciles e pensadas”, comentou admirado, e respondeunas sen alarde nin excesivas explicacións, mantendo intactas así as interrogantes que provoca un gran libro.

Lorena Pérez Torrón ( Profesora de Lingua Galega e Literatura).


12.12.14

Tempo de lecer

Un ano máis a rapazada non deixa de nos sorprender. Neste pequeno volume atoparedes unha manchea de contos moi imaxinativos. A proposta inicial era clara: “Que se pode facer no tempo de lecer? Que imaxinas que pode pasar en quince minutos de recreo?" Pois as respostas son moi variadas e divertidas. Finalmente fixemos unha selección dos mellores e esperamos que vos divirtades polo menos tanto coma nós lendo estes relatos. Grazas a todo o alumnado participante de 3º de ESO e 2º de Bacharelato. e a Fonso, o seu profesor. Nunha sociedade libre é preciso a imaxinación.