12.12.14

Tempo de lecer

Un ano máis a rapazada non deixa de nos sorprender. Neste pequeno volume atoparedes unha manchea de contos moi imaxinativos. A proposta inicial era clara: “Que se pode facer no tempo de lecer? Que imaxinas que pode pasar en quince minutos de recreo?" Pois as respostas son moi variadas e divertidas. Finalmente fixemos unha selección dos mellores e esperamos que vos divirtades polo menos tanto coma nós lendo estes relatos. Grazas a todo o alumnado participante de 3º de ESO e 2º de Bacharelato. e a Fonso, o seu profesor. Nunha sociedade libre é preciso a imaxinación.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Que bo traballo, tanto do alumnado como do profe, o que se pode facer cando pomos a mente a discurrir...