13.6.21

 


ACOLLIDA DO ALUMNADO DE SEXTO DOS COLEXIOS ADSCRITOS


Ao longo desta semana o alumnado de Sexto de Primaria dos colexios adscritos: CEIP Illas Cies, CEIP Virxe do Rocío, Ceip Seis do Nadal e CEIP Balaídos visitaron o instituto que será tamén o seu o vindeiro curso.

Foron recibidos polo departamento de Orientación e a Dirección. Percorreron o instituto, foron acollidos polo profesorado en distintos talleres e tamén pasaron pola biblioteca ,onde as profesoras encargadas lles informaron brevemente do  seu funcionamento.









1.6.21

   

           CERTAME LITERARIO DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA  

TOLOSCONTOSCURTOS (prosa) 

SABOROSO SON DOS VERSOS SALGADOS (poesía)

 Convocamos un ano máis o certame literario do departamento de Lingua Galega e Literatura para celebrarmos o Día das Letras Galegas. Despois de tantos meses teimando para que o noso alumnado utilizase o galego de xeito natural entre a comunidade educativa, propuxemos que deixasen voar a súa imaxinación e lle desen forma de relato ou poema.

 A participación foi moi boa, pois chegamos aos 45 textos presentados. Destes, fixemos unha escolma de 24 textos, dez de prosa e catorce de poesía.

 A entrega de premios desenvolveuse na biblioteca do centro durante o segundo recreo da sexta feira 14 de maio, con moitos nervios entre os nomeados e moitas palmas para as gañadoras.

 Queremos que estas historias que nos conta o noso alumnado por escrito teñan unha segunda vida en forma de podcast. Así que a partir do curso que vén imos subir á web da biblioteca do centro os audios de todos os textos escolmados nos últimos 10 anos. Deste xeito a lingua oral será a protagonista e teremos unha forma máis de achegarnos á creatividade da nosa rapazada. 

Para rematar, dámoslles os parabéns ás seis gañadoras, que foron as seguintes:

 Toloscontoscurtos:

 LAURA LUPICKI RODRÍGUEZ (2 BAC B) por “Aquel verán”. 

INGRID CAAMAÑO TUBÍO (4º ESO) por "O meu lenzo".

SANDRA CAAMAÑO TUBÍO (2º ESO F) por "Unha tarde cos castexos".

                                            

  Saboroso son dos versos salgados: 

  ADRIANA BARREIRO VIDAL (2 BAC D) por “Medo”.

 NEREA PALLARÉS BARCA (4º ESO E) por "Sorrí, avoiña, sorri!"

 CANDELA FIGUEROA SUÁREZ (1º ESO C) por "Liberdade".


  


                                               Lembrade: A LINGUA FAINOS MÁIS FORTES !

















           Este é o enlace para que disfrutedes da lectura 


O alumno de Bacharelato Antonio Cépedes realizou este graffiti para o Día das Letras Galegas, adicado a Xela Arias, que permanecerá na entrada do instituto.







9.5.21

 


WILLIAM SHAKESPEARE



@s alumn@s de 2º Bach D e E, no segundo trimestre e na materia de Afondamento de inglés, traballan varias obras de William Shakespeare por grupos e fan unha presentación para o resto dos compañeiros para que coñezan a obra.

Ademais de presentar a obra, fíxanse no papel das mulleres e na parte da sociedade retratada e no seu legado dende o século XVII ata a actualidade: pintura, ficción, películas e música.

Esta é unha mostra dos seus traballos.














24.11.20

 

ENCONTRO DAS BIBLIOTECAS NA REDE




Esta semana tivo lugar o Encontro das bibliotecas escolares de Galicia na rede, ao que asistiu parte do noso equipo.

Foron diferentes na forma pero unha oportunidade única para escoitar a algúns dos maiores expertos/as en bibliotecas, lectura, cultura e innovación.

Poidemos coñecer experiencias e relatorios en tempo de pandemia e poidemos tamén asistir a conferencias moi interesantes  como a de Inés Dussel: "A biblioteca escolar diante dos retos do 2020."








25.10.20

 BENVIDOS AO SERVIZO DE PRÉSTAMO EN LIÑA DA

           BIBLIOTECA DO IES ALEXANDRE BÓVEDA






ESTE ANO POR MOR DAS RESTRICIÓNS SANITARIAS, A SOLICITUDE DE PRÉSTAMO DE LIBROS DA BIBLIOTECA DEBERÁ FACERSE EN LIÑA.

TENDES AS INSTRUCIÓNS E O ENLACE NA PÁXINA WEB DA BIBLIOTECA E NA PÁXINA WEB DO INSTI.

A SOLICITUDE DE PRÉSTAMO, DEBE FACERSE A SEMANA  ANTERIOR Á RECOLLIDA,

TENDES O CALENDARIO A CONTINUACIÓN



                             LUNS            MARTES             MÉRCORES              XOVES                   VENRES


PRIMEIRO          4ºESO              4ºESO                  1ºESO                       4ºESO                        1ºESO

 RECREO            2ºBACH           2ºBACH               2ºESO                       2ºBACH                    2ºESO



SEGUNDO         3ºESO                1ºESO                 3ºESO                      1ºESO                        3ºESO

RECREO            1ºBACH             2ºESO                 1ºBACH                   2ºESO                      1ºBACH