1.6.21

   

           CERTAME LITERARIO DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA  

TOLOSCONTOSCURTOS (prosa) 

SABOROSO SON DOS VERSOS SALGADOS (poesía)

 Convocamos un ano máis o certame literario do departamento de Lingua Galega e Literatura para celebrarmos o Día das Letras Galegas. Despois de tantos meses teimando para que o noso alumnado utilizase o galego de xeito natural entre a comunidade educativa, propuxemos que deixasen voar a súa imaxinación e lle desen forma de relato ou poema.

 A participación foi moi boa, pois chegamos aos 45 textos presentados. Destes, fixemos unha escolma de 24 textos, dez de prosa e catorce de poesía.

 A entrega de premios desenvolveuse na biblioteca do centro durante o segundo recreo da sexta feira 14 de maio, con moitos nervios entre os nomeados e moitas palmas para as gañadoras.

 Queremos que estas historias que nos conta o noso alumnado por escrito teñan unha segunda vida en forma de podcast. Así que a partir do curso que vén imos subir á web da biblioteca do centro os audios de todos os textos escolmados nos últimos 10 anos. Deste xeito a lingua oral será a protagonista e teremos unha forma máis de achegarnos á creatividade da nosa rapazada. 

Para rematar, dámoslles os parabéns ás seis gañadoras, que foron as seguintes:

 Toloscontoscurtos:

 LAURA LUPICKI RODRÍGUEZ (2 BAC B) por “Aquel verán”. 

INGRID CAAMAÑO TUBÍO (4º ESO) por "O meu lenzo".

SANDRA CAAMAÑO TUBÍO (2º ESO F) por "Unha tarde cos castexos".

                                            

  Saboroso son dos versos salgados: 

  ADRIANA BARREIRO VIDAL (2 BAC D) por “Medo”.

 NEREA PALLARÉS BARCA (4º ESO E) por "Sorrí, avoiña, sorri!"

 CANDELA FIGUEROA SUÁREZ (1º ESO C) por "Liberdade".


  


                                               Lembrade: A LINGUA FAINOS MÁIS FORTES !

















           Este é o enlace para que disfrutedes da lectura 


O alumno de Bacharelato Antonio Cépedes realizou este graffiti para o Día das Letras Galegas, adicado a Xela Arias, que permanecerá na entrada do instituto.







Ningún comentario: