8.4.16

Enfermidade e dereito a vida

Dentro das actividades do Día Internacional da Muller, a activista e avogada Beatriz Figueroa impartiu unha charla ao alumnado de 4º da ESO do noso centro na que relatou a súa batalla defendendo os dereitos laborais dos enfermos de cancro. A súa loita para  conseguir protección socio-económica para os enfermos de cancro é un exemplo de muller comprometida e unha boa maneira de conmemorar o Día Internacional de Muller.

"La Canalla"; consumo consciente

Como parte do traballo interdisciplinar que están a desenvolver os 3º da ESO sobre CONSUMO CONSCIENTE, a través do libro LA VUELTA AL MUNDO DE UN FORRO POLAR ROJO,  a biblioteca organizou unha actividade  en torno á roupa. 

Para isto contamos con LA CANALLA, unha empresa de diseño  sostible, ecolóxica e socialmente responsable que diseñou unha actividade co obxectivo de facer reflexionar aos rapaces sobre as nosas prendas e quen e como se fabrican.
Previamente, na clase de Xeografía, o alumnado viu o programa SALVADOS que tratou, nesta última tempada,  o tema da explotación en torno a confección de roupa.

A actividade desenvolvida con LA CANALLA, consistiu nun taller participativo que tivo lugar nocon telas, tesoiras e rotuladores,  onde o alumnado, en grupo e durante dúas horas, tarballou os conceptos sobre quen fai a nosa roupa, como se fabrica, quen a diseña, por que nos gusta unha determinada prenda… para conseguir, a través das emocións, ser conscientes da explotación en torno a este negocio do que formamos parte como consumidores.

Agradecemos a Patricia, Lara e Fran que, de maneira gratuíta, compartiron esta xornada co alumnado e presentaron a súa última aposta “SOÑOS roupa de cama éticamente bella”, dando a coñecer que outro tipo de actividade económica é posible: feita en Galicia, cento por cento ecolóxica e que paga salarios xustos. 


25.3.16

Poesía das cousas. Día Mundial da Poesía

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía na bibioteca expuxemos as  ODAS A UNHA COUSA elaboradas polo noso alumnado. Porque toda realidade pode servir de tema poético.

Deixamos unha mostra das odas compostas en clase de ingés.





13.3.16

Anxo Fariña

O pasado venres visitounos o escritor e debuxante Anxo Fariña, ator de libros tan queridos polo noso alumnado como a serie Os megatoxos.

Falunos do proceso de creación de historias, dende a idea ata o andel da biblioteca. Non escatimou en ilustrar cada un dos pasos e exemplificouno convertindo en persoaxe literario un dos nosos alumnos. Todos quedamos boquiabertos ao comprobar como facía fácil o que para tantos resulta ardua tarea, dar vida cuns cantos trazos.

"Las Sinsombrero"

Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller a biblioteca quixo facer unha pequena homenaxe  ás mulleres esquecidas do Grupo do 27: pintoras, poetas, novelistas, ilustradoras, escultoras e pensadoras, de inmenso talento que non só gozaron no seu tempo de éxito nacional e internacional, senón que a través da súa arte e activismo desafiaron e cambiaron as normas sociais e culturais da España dos anos 20 e 30.


Recollemos información do proxecto "Las Sinsombrero"