Como parte do traballo interdisciplinar que están
a desenvolver os 3º da ESO sobre CONSUMO CONSCIENTE, a través do libro LA
VUELTA AL MUNDO DE UN FORRO POLAR ROJO,
a biblioteca organizou unha actividade en torno á roupa.
Para isto contamos con LA
CANALLA, unha empresa de diseño
sostible, ecolóxica e socialmente responsable que diseñou unha
actividade co obxectivo de facer reflexionar aos rapaces sobre as nosas prendas
e quen e como se fabrican.
Previamente, na clase de Xeografía, o alumnado viu
o programa SALVADOS que tratou, nesta última tempada, o tema da explotación en torno a confección
de roupa.
A actividade desenvolvida con LA CANALLA,
consistiu nun taller participativo que tivo lugar nocon telas, tesoiras e rotuladores, onde o alumnado, en grupo e durante dúas horas, tarballou os conceptos
sobre quen fai a nosa roupa, como se fabrica, quen a diseña, por que nos gusta
unha determinada prenda… para conseguir, a través das emocións, ser conscientes
da explotación en torno a este negocio do que formamos parte como consumidores.
Agradecemos a Patricia, Lara e Fran que, de maneira gratuíta, compartiron esta xornada co
alumnado e presentaron a súa última aposta “SOÑOS roupa de cama éticamente
bella”, dando a coñecer que outro tipo de actividade económica é posible: feita
en Galicia, cento por cento ecolóxica e que paga salarios xustos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario