O Nadal é una boa época para dedicarlla a aquel libro que fai tempo que agardamos ler, ou para ollar algunas novidades, ou mellor aínda, para regalar un libro. Aquí deixamos a nosa árbore de Nadal adornada con libros para todos os gustos. Podedes collelos na biblioteca, ou tomar nota para facer un bo agasallo. Bo Nadal e boas lecturas.
10.12.13
4.11.13
Posta en marcha
Levamos xa algo máis dun mes de actividade intensa na biblioteca. O primordial neste mes das bibliotecas foi poñer todo ao día. No que se refire á organización, xa todo o alumnado do instituto dispón do seu carnet de biblioteca: fixéronse máis de douscentos para o alumnado novo e máis de cen para o alumnado de segundo de ESO ao que non se lle puido facer carnet no curso pasado. Temos catalogado una cantidade importante de novidades bibliográficas e de DVDs que xa están a disposición dos usuarios. Realizáronse tamén sesións de formación de usuarios para o alumnado novo. No tocante ás actividades, xa levamos un mes coa Hora de Ler . Os clubs de lectura están a pleno rendemento, cunha sesión dos veteranos celebrada xa (con Eskoria, de Alfredo Gómez Cerdá) e continúan coa lectura de Palabras de auga, de Marcos Calveiro.
Neste mes terán lugar as dúas actividades proxectadas para o club de 1º de ESO ao redor de Matilda, de Roald dahl. Temos concertada a visita para o próximo trimestre de Nuría Pradas, que conversará cos de 1º de ESO sobre o libro El misterio de la calle de las glicinas. E estamos xa embarcados en dous grandes proxectos: un, o Proxecto Interdisciplinar de centro, que este curso xirará en torno á gastronomía; e o outro, un Plan de Formación TIC do profesorado no propio centro, onde estamos a aprender cousas interesantísimas que facilitarán e mellorarán a calidade do noso traballo: paquetes ofimáticos de software libre, ferramentas para o traballo on-line, aula virtual, drupal, tratamento de imaxes, etc.
Recibimos tamén con alegría, o vídeo que fixemos no curso pasado para a páxina web do ministerio: http://vimeo.com/71495316
Recibimos tamén con alegría, o vídeo que fixemos no curso pasado para a páxina web do ministerio: http://vimeo.com/71495316
24.6.13
O conde Ory
Xa van tres marabillosas representacións desta obra de Rossini. Parabéns a Julen polo traballo de todo un curso e por tantas horas ao piano. Pero sobre todo, parabéns ao alumnado de bacharelato e de 4º que traballaron na obra. Magníficos todos/as. Iciar, Berenice, Elizabeth, Flavio, Roberto, Alba e Ana nos papeis principais. Mención especial para as/os profes que traballaron arreo para que todo saíse ben: Luz Valencia, Rosa Bea, Mercedes e Dani. E coa ópera en galego, podemos. Mañá martes, ás sete e media, última representación aberta ao público. E outra vez, grazas, Julen, por este regalo que lle fas ao ensino público.
17.6.13
Opera para despedirnos
Catro funcións da ópera "O conde Ory", a cargo do alumnado do bacharelato artístico e musical, baixo a batuta e o piano de Julen. Non se podía despedir mellor o curso. Estades invitados/as. Para os de fóra do centro hai tamén una sesión vespertina.
18.5.13
As Letras Galegas, tamén na radio.
Durante as xornadas dos días 14 e 15 celebramos a primeira parte da festa das letras na biblioteca. Este ano, sen esquecernos do homenaxeado, Roberto Vidal Bolaño, presente nas lecturas do día 15, centramos as nosas actividades na figura de Rosalía, polo 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. Grazas as actividades de lectura en relación con Rosalía deseñadas polo departamento de galego, parte das cales terán lugar aínda na última semana de maio, e relacionandoas tamén co noso proxecto de centro dedicado a Vigo,e en colaboración co Concello de Vigo que aportou exemplares gratuitos de Cantares Gallegos, realizouse na biblioteca, na mañán do día 14, o programa de radio de Onda Cero de Raquel Sánchez. No programa, que contou coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, tivemos ocasión de expoñer os distintos proxectos que se levaron a cabo no centro: participación nos premios Irene, Roteiro por Coia, as actividades en torno a Rosalía e o proxecto de centro. O alumnado do bacharelato musical, dirixido por David, interpretou versións de Negra Sombra e Campanas de Bastavales. Unha alumna das clases de tecnoloxía explicou como elaboraron un proxecto sobre as campás a partir deste poema. Entregóuselle ao alcalde un libro, unha guía de Vigo feita polo alumnado de 3º de ESO. Ao día seguinte, o alumnado do 1º ciclo participou no correlingua, e os do 2º ciclo pasaron pola biblioteca para participar nun acto de lecturas públicas no que procuramos que haxa sempre variedade: Vidal Bolaño, Casares, Castelao, Rosalía, Luz pozo, Celso Emilio, Cunqueiro... Os momento culminante foi cando unha alumna de 3º recitou de memoria, porque a súa avoa llo cantaba de pequena para durmir, o poema Adios ríos..., que posteriormente foi interpretado, nunha versión innovadora, polo grupo de bacharelato musical. Unha ledicia... Deixamos album de fotos das dúas xornadas e algún vídeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

