24.6.13

O conde Ory

Xa van tres marabillosas representacións desta obra de Rossini. Parabéns a Julen polo traballo de todo un curso e por tantas horas ao piano. Pero sobre todo, parabéns ao alumnado de bacharelato e de 4º que traballaron na obra. Magníficos todos/as. Iciar, Berenice, Elizabeth, Flavio, Roberto, Alba e Ana nos papeis principais. Mención especial para as/os profes que traballaron arreo para que todo saíse ben: Luz Valencia, Rosa Bea, Mercedes e Dani. E coa ópera en galego, podemos. Mañá martes, ás sete e media, última representación aberta ao público. E outra vez, grazas, Julen, por este regalo que lle fas ao ensino público.



3 comentarios:

Cristina Novoa dixo...

Impresionante!!! Viva o ensino público!!!
Parabéns aos mozos e mozas participantes, parabéns ao profesorado que o fixo posible.

Cristina Novoa dixo...

Impresionante!!! Parabéns ás mozas e aos mozos participantes! Moitos parabéns ao profesorado que o fixo posible!!! Velaquí o ensino público nunha das súas mellores manifestacións: a de achegar a todas e todos o patrimonio cultural e a de permitir que todos poidan ser creadores e aspirar á excelencia, sexa o que for, e non simplemente espectadores do excelente.

sinfonia40 dixo...

Mejor imposible! Estas sí que son buenas prácticas educativas.
El año que viene esperamos más. Será un recuerdo inolvidable tanto para alumnos, como profesorado y padres, orgullosos de esta maravillosa labor.
Mi más sincera enhorabuena.
La madre del conde 😃🏆