Amosando publicacións coa etiqueta San Simón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta San Simón. Amosar todas as publicacións

26.4.08

EXPOSICIÓN: VIAXE Ó MUNDO VERNE. OLIMPIADA DO SABER E LIBRO DO MES

Dende principios de curso vimos planificando esta exposición. A idea xurdiu mentras estabamos facendo a programación do PIN, que tiña como tema a Illa de San Simón. Unha referencia ó capitán Nemo buscando os tesouros de Rande e acendeuse a chispa. A partir de ahí dedicámonos a buscar información e imaxes. Tras unha laboriosa selección acabamos montando os seguintes paneis: Obras mais coñecidas de Verne; Biografía e obra completa; Verne no cine e TV; Os amigos de Verne; Algúns coetáneos ilustres; O xénero da ciencia-ficción e principais autores en época de Verne; Liña do tempo Verne; Verne en Vigo; Ciencia, tecnoloxía e historia nas prediccións de Verne. E, por suposto, O capitán Nemo atracou o Nautilus na nosa biblio, á espera de que remate a expo.


Como tódolos anos, o noso último libro do mes será un clásico asociado á exposición: Viaxe ó centro da Terra.


Asociada á exposición comezamos coa Olimpiada do Saber, que durante catro semanas terá ó alumnado buscando polos paneis a información que necesitan para contestar ás 20 preguntas, os dous xogos Pista a Pista e ós dous Preguntóns da semana. Deixamos para outras fontes de información as dúas aposta semanais coas que terán que rendir ó máximo das súas posibiblidades. 25 equipos participando cubren a diario os paneis desta exposición. Dende a biblioteca esperamos que vos deixen un óco para pararvos a ler.


Velaí unha mostra.



24.1.08

Sesión universitaria para 1º da ESO

Onte, día 23, visitounos Miguel Ángel Nombela, profesor da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. Pero o profesor Nombela non veu dar unha conferencia para os de bacharelato, senón para o alumnado de primeiro de ESO que está a traballar nun proxecto interdisciplinar sobre a Illa se San Simón. O citado profesor é un experto no que se refire ós aspectos biolóxicos e medioambientais da ensenada de San Simón, polo que o alumnado puido extraer bastantes datos desta interesante charla á vez que entrou en contacto co mundo universitario.

Dende a biblioteca queremos agradecerlle ó profesor Nombela a súa disposición e amabilidade.