XUNTANZA DOS CLUBS DE MANGA
O pasado luns, 12
de novembro, , o Club de manga do IES Alexandre Bóveda inauguramos a
tempada organizando a primeira xuntanza de Clubs de manga deste curso
2018-19.Os membros do club traballaron arreo organizando unha chea de
actividades, concursos, charlas…
Pouco a pouco
foron achegándose ao club de Manga do Coia 4 , Escolas Proval de
Gondomar, IES A Paralaia de Moaña e este ano estrenábaNse o club de
Manga do IES Valadares e do IES Carlos Casares. Benvid@s!!
A mañá comezou
co recibimento e xa axiña comezou o Torneo de Pokemon con temática
de Halloween na biblioteca para uns, mentres que outros permaneceron
no salón de actos para escoitar o concurso de historias de terror.
Logo comezou o
concurso de Cosplay, tamén no salón de actos, en tanto que na
biblioteca se celebraba o Quiz de terror. Tiveron que tomar
decisións no concurso de Cosplay e no de talentos. En ambos o
público estivo entregado ante a calidade dos concursantes.
Mentres na
biblioteca tiña lugar un torneo de Pictionary con personaxes manga e
temática de Halloween, o escenario do salón de actos enchíase cos
participantes do Random K-Pop Challenge.
No concurso de
debuxo houbo varios participantes . Todos os que acudiron á
xuntanza, recibiron á entrada un gomet que debía colocar sobre o
debuxo que máis lle gustase. E a verdade é que non resultaba nada
doado escoller.
Nos demais
concursos houbo un imparcial xurado composto por Alba do Álvaro
Cunqueiro, María do IES Valadares e Curro do IES A Paralaia. E seica
non o tiveron nada fácil para decidir quen gañaba cada concurso.
Ao mediodía,
houbo pausa para comer, para interactuar e para coñecerse mellor. E
a tarde comezou coa entrega de premios, que estaba prevista para
última hora, pero adiantouse porque algúns tiñan que marchar antes
de que rematase a xornada.
E tamén pola
tarde houbo variedade de actividades para escoller: uns participaron
na charla sobre maquillaxe de efectos especiais, mentres que outros
sairon ao patio para xogar a Lobos. Finalmente non deu moito tempo e
a partida quedou sen xogar. Foi unha mágoa, pero polo menos
aprendemos a dinámica do xogo, e queda pendente a partida para a
vindeira ocasión.
Rematamos a
xuntanza coa obra de teatro representada por todos os membros do noso
club e escrita por Saray, un éxito e unhas risas que intentaremos
representar en outras celebracions do instituto. Un fantástico
xeito de celebrar Halloween.
Ningún comentario:
Publicar un comentario