TELMO COMESAÑA NO INSTITUTO
O mércores 19 de decembro recibimos a visita de Telmo Comesaña, presidente da Asociación Viguesa Pola Memoria Historica do 36, que compartiu co alumnado de 4 ESO as súas vivencias.
Durante dúas horas no salón de actos contou ao alumnado a súa experiencia vital como neno para comprender o porqué do asesinato do seu país e o seu activismo como adulto para a recuperación da memoria destes feitos na provincia de Pontevedra.
A súa testemuña achéganos a unha realidade estudada nos libros de historia, pero a emoción do seu relato de vida lémbranos que detrás dos feitos están as persoas.
O Instituto Alexandre Bóveda quere agradecer a súa xenerosidade e esforzo e recoñecer a súa labor na defensa da liberdade que hoxe todos e todas desfrutamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario