En maio xuntámonos para a nosa pequena festa da
lectura e charlar sobre a novela Barro de
Medellín do autor Alfredo Gómez Cerdá. Aproveitamos que a hora de lectura
coincidía a última hora da mañá e fomos a biblioteca para poñer en común as
nosas opinións e puntos de vista sobre esta novela que gañou no ano 2009 o
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil concedido polo Ministerio de
Cultura. A novela inspírase no feito real da construción dun gran parque biblioteca
no barrio de Santo Domingo Savio da cidade colombiana de Medellín, edificada
con fondos de la Agencia Española de Cooperación (AECID), co obxectivo de
intentar educar en valores, así como no respecto a cultura e o patrimonio
cultural aos xoves do deprimido barrio de Santo Domingo.
Comezamos cun pequeno vídeo onde
as doce alumnas e alumnos de 1ºESO que me acompañaban esa mañá puideron coñecer
en primeira persoa a Pedro, un “neno guía” que con 10 anos xa traballa todos os
días amosando a súa cidade aos turistas. Todos aprendemos moito coa lectura
desta novela: decidimos quen era a nosa personaxe favorita (cuestión na que
tivemos opinións variadas), quen nos gustaba menos (aquí, debo dicir, que todos
e todas coincidimos), falamos da vida, dos problemas familiares que ás veces
nos asolan, xuntos recoñecemos que somos afortunados por poder dispoñer dunha
biblioteca, dun instituto e dunha vida relativamente doada e, finalmente,
admitimos que todas e todos os alí presentes non só amamos a literatura senón tamén
aprender cousas novas e, sobre todo, que nos conten historias que nos emocionen
e nos fagan cada día un pouco máis sabios.
22
SEGUNDOS
O
mércores 20 de xuño tivo lugar a última xuntanza do clube de lectura de
maiores.
O libro trata o
tema da transexualidade. Na opinión dos
membros do club de lectura é un tema de grande actualidade e comentan
que a OMS ven de declarala “NON ENFERMIDADE”. Ademáis foille entregado un Oscar a unha película sobre o
tema.
“Do que non se
fala non existe” é o punto de partida da charla.
A todos lles
gustou o libro. Literariamente é sinxelo, sen pretensións, mesmo para rapaces sen moita inclinación á lectura, xa que lles servirá para reflexionar.
De lectura doada,
é útil para “recoñecerse” apunta un lector.
Falamos do contexto
no que ocorre a historia e das relacións entre a personaxe-protagonista e o seu
avó, especialmente emotiva e ideal. Por
outra parte, a que mantén coa súa nai, que representa a parte social e real.
Por último, coa súa mellor amiga-parella.
O feito de
engadir a dirección dun blog, alexftm, que existe na realidade,
apórtalle un dato máis a un tema de interese social.
Os lectores do
club consideran que sería unha lectura obrigatoria apropiada para os alumnos de 1º ESO.
Resultou unha
charla tremendamente amena e proveitosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario