Luns 24 de abril, nova xuntanza dos clubs de
Manga da área de Vigo. Esta vez convidados polo Coia 4 que nos tiñan preparado
unha mañá no instituto chea de actividades: charlas, obradoiro de
Magic, concurso de debuxo, concurso de Pokemon...
Sarela e Lucía
deron unha charla na biblio sobre machismo e anime, moi, moi
interesante e que deu pé a moito debate.
Uxía e Pablo, os
nosos expertos en Pokemon, quedaron 2º e 3º na competición...
Para comer, e
dado o magnífico día de sol, camiñamos cara a praia de Samil e alí se
desenvolveron as actividades da tarde e, o máis importante, a entrega de
premios!!!
O mellor, coma
sempre que nos xuntamos, compartir a paixón polas historias, personaxes e xogos
do MANGA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario