Como xa vén sendo habitual, todos os cursos o Departamento de Lingua Castelá pon en contacto ao alumnado cos autores das súas lecturas. En esta ocasión é Carlos Lozano o encargado de comentar Herejía con 3º da ESO.
Carlos Lozano
empeza dicindo que tivo que documentarse
amplamente para poder situar a acción na Idade Media, unha viaxe no tempo á Zaragoza do século XV. Como autor habitual
de thriller, tamén está é unha historia
de suspense, para o que hai que planificar perfectamente o escenario e que
ningún cabo quede sen atar. Tamén hai unha historia de amor , pero coa
mentalidade de xoves do século XV, con uns principios e modos de actuar moi
distintos aos actuais.
Ao alumnado
resúltalle apetecible unha viaxe no tempo á aquela época apestosa, caótica,
insegura.. coa presenza constante da tremenda Inquisición. As preguntas dos estudantes amosaron que a
novela foi lida con moito interese. Lozano, como non, rematou firmando
exemplares do seu libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario