O pasado luns, 9
de maio, tivemos na biblioteca a derradeira reunión do curso co clube de
lectura de 1º de ESO.
O libro que nos
reuniu esta vez foi O pazo baleiro de Xabier P. Docampo, unha  novela de
misterio apaixoante, cun vello pazo cheo de segredos agochados, propiedade
dunha familia cunha peculiar árbore xenealóxica. E tamén haberá de por medio
un  diamante de incribles dimensións
que  os enfrontara  a todos dende hai moito tempo.
Como sempre, a
reunión cos nosos “lectores” estivo acompañada con algunha que outra larpeirada.
Ata o curso que
ven!
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario