Recollemos o relato da experiencia dunha alumna do noso centro
Non sei moi ben como
empezar a escribir a miña experiencia. O primeiro día xa no aeroporto na miña
cabeza estábanse pasando moitísimos momentos que pronto sucederían pero ao
mesmo tempo de estar ilusionada tamén tiña medo e nervios, sobre todo da
familia.
Os primeiros días a
situación era extraña, e coa familia sentíame incómoda pero ao cabo de catro ou
cinco días acostumbreime de tal maneira como se os coñecese de fai tempo. O
inglés xa era habitual escoitalo, e as persoas da casa eran moi agradables comigo.
As actividades estaban
ao gusto de todos, habería algunhas que non gustaban moito e outras que querías
repetir unha e outra vez… Esta experiencia foi unha maneira de aprender
outras culturas, a forma de vida alí é moi diferente sobre todo nos horarios,
pero acostúmbraste fácilmente. Tamén vives a experiencia de levar uniforme á
escola, os primeiros días faite moita ilusión pero a segunda semana xa estás
farta de levar eso. Coñeces tamén a distinta maneira educativa. Todo o día era
aprender novas cousas sen darte conta, se non que pasándoo ben non parabas de
aprender. Como en toda experiencia, ten que haber algo malo e neste caso é a
comida: tod@s faciamos paradas no supermercado de vez en cando.
Entre todos vivimos momentos
incribles e fixemos lazos de amizade moi grandes, nesta oportunidade tamén
aprendes a valerte por ti mesmo.
Esta experiencia é unha
que repetería unha e outra vez, ás veces pensas en darlle a un botón é volver
cara atrás.
Eu anímovos a ir, a pesar de estar inseguros, eu non o estaba, entreguei
todos os papeis e agora encantaríame poder ter esa oportunidade de novo .
E agora contemplade os preciosos diarios nos que alumnos e alumnas recolleron o vivido:
Ningún comentario:
Publicar un comentario