O alumnado do grupo de 1º Bacharelato D do IES
Alexandre Bóveda organizou un Mercadillo Solidario de Nadal durante a
derradeira semana do trimestre. A actividade foi o resultado do traballo sobre
Comercio Xusto, entre outros temas, que se desenvolveu nas clases de ciencias
sociais e inglés coas profesoras Ana Álvarez a Mª Luz Valencia. Durante os dous
recreos de luns a venres un grupo de alumnos e alumnas turnouse para atender o
posto con productos de Comercio Xusto de OXFAM, básicamente artesanía e alimentación.
A participación foi moi alta. Toda a comunidade educativa: alumnado,
profesorado, personal de conserxería, limpeza e administración, pais e nais e
mesmo os obreiros que facían obras no centro, TODO o mundo pariticipou con
entusiasmo, chegando a desbordar as expectativas máis optimistas.
Nas contas finais, acadamos un total de arredor
de 650 euros, o cal pódese considerar un éxito que nos anima a repetir a
experiencia en cursos vindeiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario