22.5.22

 ENTREGA DE PREMIOS


Esta semana tivo lugar na bliblioteca a entrega de premios para o diseño do logo da radio do noso centro: O SON DA NOCA, que naceu no noso instituto grazas  a iniciativa  do profesor de Lingua galega Kike Estévez.

Eiquí os premiados cos seus agasallos












 

CLUB DE XOGOS DE MESA

Este ano ten lugar na biblioteca o club de xogos de mesa, organizado polo profesor de tecnoloxía Daniel Pizarro e axudado por outros profesores do centro.

As rapazas e rapaces xúntanse na biblioteca nos recreos para realizar esta actividade.














 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO 2022

Dende a biblioteca do instituto e para celebrar o día do libro, organizouse un concurso de relato curto  baseado en íncipits de libros.

Participaron os departamentos de lingua castelá, lingua inglesa e lingua francesa e o alumnado de diferentes cursos.

Fíxose unha exposición dos relatos 


 







 e os premiados


























15.4.22

 


       P(r)O(br)EMAS DE LA VIDA  Ingrid Caamaño Tubío

                                                                       


Este mes de abril, Ingrid Caamaño Tubío alumna de 1 de Bach no noso centro presentou o seu primer libro que publicou a Editorial Platero. En sendas quendas presentou o seu libro aos seus compañeiros: os alumnos de 3 de Eso e 1 bach. Ingrid falou da súa experiencia, contou o proceso de elaboración e de publicación. Logo os seus compañeiros leron algúns dos seus poemas.

                             PARABÉNS INGRID E MOITA SORTE NESTA ANDAINA!




































2.3.22

 


NOVAS DO CLUB DE MANGA

Iniciamos o curso con numerosas incorporacións, parece que o manga ten moito tirón no alumnado de 1º de eso.
Neste curso repetimos as xuntanzas nos segundo recreo do xoves e participamos no proxecto Julio Verne:
Imos a facer un fancine recreando unha das escenas máis dramáticas da novela "20.000 leguas de viaje submarino". Para este proxecto contamos coa dirección artística de Norberto Fdez., dibujante vigués e colaborador de da fai cursos do club.
O proxecto ten moi boa pinta e estamos traballando a bo ritmo.
Pero tamén temos ganas de participar no antroido polo que fixemos un obradoiro de máscaras de personaxes manga e coordinado por Tomás Glez., técnico de iluminación e escenografía que con moita paciencia nos acompañou para recrear con diversos materiais os personaxes que máis nos inspiran. Traballamos a reo para poder expor os traballos na entrada do instituto xunto cos traballos de plástica e as infografías do entroido francófono.
Aínda queda moito curso e moitos proxectos no club. 

Proxecto Julio Verne



Obradoiro máscaras entroido