2.7.18


22 SEGUNDOS
O mércores 20 de xuño tivo lugar a última xuntanza do clube de lectura de maiores.
O  libro trata o  tema da transexualidade. Na opinión dos  membros do club de lectura é un tema de grande actualidade e comentan que a OMS ven de declarala “NON ENFERMIDADE”. Ademáis foille  entregado un Oscar a unha película sobre o tema.
“Do que non se fala non existe” é o punto de partida da charla.
A todos lles gustou o libro. Literariamente é sinxelo, sen pretensións,  mesmo para rapaces sen  moita inclinación á lectura, xa  que lles servirá para reflexionar.
De lectura doada, é útil para “recoñecerse” apunta un lector.
Falamos do contexto no que ocorre a historia e das relacións entre a personaxe-protagonista e o seu avó, especialmente emotiva  e ideal. Por outra parte, a que mantén coa súa nai, que representa a parte social e real. Por último, coa súa mellor amiga-parella.
O feito de engadir  a dirección dun blog, alexftm, que existe na realidade, apórtalle  un dato máis  a un tema de interese social.
Os lectores do club consideran que sería unha lectura obrigatoria apropiada  para os alumnos de 1º ESO.
Resultou unha charla tremendamente amena e proveitosa.



14.6.18

   CLUBE DE LECTURA   Palabras de Caramelo

O pasado luns 26de febreiro tivemos a nosa segunda reunión do Club de Lectura de 1º de ESO. A obra que comentamos foi Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Unha obra que, como sempre, encantounos a todos. Comentamos como debe de ser a vida nun campo de refuxiados saharauis, onde vive o protagonista, e vimos un pequeno vídeo sobre a situación do Sahara Occidental, para comprender mellor a historia que nos conta o autor deste precioso relato.. Aos lectores e lectoras gustáronlles moito tamén os poemas que o protagonista compón inspirado polo seu amigo, o pequeno camelo. Tamén falamos sobre como unha persoa como Kori, un neno xordomudo e sen case recursos é quen de aprender a escribir e comunicarse a través da poesía e da linguaxe, gracias á axuda da súa profesora e á súa necesidade de comunicar o que sinte. 
Como sempre, unha novela que, aínda que curta, da moito para falar e para disfrutar da súa lectura.

13.6.18

XORNADAS PORTAS ABERTAS

Neste mes de xuño recibimos aos alumnos de sexto de primaria dos colexios  adscritos ao noso instituto: o CEIP Balaídos , o CEIP Illas Cies, o CEIP Seis do Nadal e o CEIP Virxe do Rocío.





Os nenos e nenas, acompañados dos seus mestres foron recibidos no salón de actos e logo puideron visitar as instalacións: as aulas de música, de plástica, os laboratorios, o ximnasio etc....e como non a nosa biblioteca!!

O BESBELLO SALTÓN .  A REVISTA DO IES ALEXANDRE BÓVEDA

Após dous anos á espreita, o noso Besbello volta saltar!
Este novo Besbello aparece con moitos folgos, pois son case 70 páxinas de debate, creación literaria,
receitas, entrevista...
Atrapa o Besbello neste enlace: 

O BESBELLO SALTÓN 2018



6.6.18


DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O pasado luns 21 de maio celebramos o día das Letras Galegas. O Departamento de Lingua Galega e Literatura, con colaboración da Biblioteca do centro, convocara dous certames de creación literaria no mes de febreiro: un de relatos curtos co nome de Toloscontoscurtos e outro de poesía titulado Saboroso son dos versos salgados.

Os relatos e poemas  foron publicados nun volume conxunto. O alumnado do club de lectura pasou por todos os cursos na Hora de Ler e, en parellas, leu un relato e un poema premiado no concurso e falou sobre a vida e obra de Mª. Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.











Nos corredoiros do noso instituto tamén están expostos os carteis da exposición oficial da  Xunta sobre a vida e obra de María Victoria Moreno .Elaborouse tamén un cuestionario para entender mellor a traxectoria da autora.